O Encaixe de Camariñas, presente nos Premios “Dedales de Oro”

Tres colaboradores da Mostra de Encaixe de Camariñas reciben hoxe o Premio Dedal de Oro 2014 en recoñecemento da súa traxectoria profesional. Franco Quintáns, Emilio Salinas e Máximo Arroyo únense á lista de prestixiosos galardoados con este premio, entre eles, Victorio&Luccino, Adolfo Domínguez ou Ágatha Ruiz de la Prada.

Por GC Tendencias | Santiago | 13/06/2014

552139_396151673825712_999837618_n

Vestido de Franco Quintáns fotografado por Máximo Arroyo

Os “Dedales de Oro” levan dende 2007 premiando  a profesionais do sector da moda española e internacional. Na súa quinta edición grandes estrelas da moda comparten protagonismo con caras novas, todas “con grandes proxectos empresariais e ideas creativas.”

A Mostra do Encaixe de Camariñas, a cita de cada Semana Santa dende 1981, está presente nos Premios Dedales de Oro 2014 a través de tres dos seus colaboradores. O deseñador galego Franco Quintáns dirixiu as últimas dúas edicións da Pasarela da Mostra e leva dende 1994 incorporando nas súas creacións o Encaixe de Camariñas. Os seu nome tense escoitado nas pasarelas do sector nupcial máis internacionais: Cibeles Madrid, Gaudí Barcelona, Milán, Nova Iorque e París.

O deseñador Emilio Salinas leva vinte anos traballando no sector, nos talleres de costura dos prestixiosos modistos Petro Valverde e Lorenzo Caprile. Tamén gran apaixonado do Encaixe de Camariñas, leva participando na Pasarela da Mostra dende 2009 así como de xurado do Concurso de Noveis Deseñadores.

Máximo Arroyo leva quince anos dedicados á fotografía. Ten fotografado grandes nomes da cultura e da moda para publicacións tales como Elle México, Yo Dona ou AvenueIlustrated. Colaborou na XXIV edición da Mostra do Encaixe de Camariñas participando no II Encontro de Bloggers de Moda e como xurado no Concurso de Noveis Deseñadores, así como na realización do cartel desta edición.

Os Premios “Dedales de Oro” foron fundados en 2007 pola axencia de comunicación Jacob Fitzgerald e contan coa princesa Beatrice de Orleáns como presidenta de honor e co deseñador Elio Berhanyer como conselleiro, entre outros nomes de prestixio. A gala de entrega terá lugar hoxe venres 13 no Hotel Palace de Madrid. No cea de gala Franco Quintáns lucirá unha “pajarita” realizada con Encaixe de Camariñas da súa nova colección MR FQ.

A TÚA ACHEGA FAI QUE GC POIDA PUBLICAR NOVAS COMA ESTA. SÓ DEPENDEMOS DE TI.

¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511



Comenta

Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.

¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe






¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe



Vestido de Franco Quintáns fotografado por Máximo Arroyo