Practica sexo patrocinado

Unha marca de produtos para practicar sexo busca "50 probadores oficiais" para que experimenten novas sensacións e comenten as súas experiencias.

Por GC Tendencias | Santiago de Compostela | 04/04/2013

Condóns, lubricantes, estimuladores e outros aparellos sexuais de balde para gozar coa nosa parella, cun amante casual, nun grupo orxiástico ou cun mesmo na intimidade máis onanista. Cincuenta lotes de produtos sexuais están xa preparados para ser enviados a quen quera ser "probador oficial" da marca Durex. A cambio, o único que terán que facer estas persoas será primeiro gozar e logo facer o seu particular informe sobre as virtudes destes produtos.

Quen quera ser candidato a "probador oficial" de Durex ten que presentar a súa solicitude a través do Facebook da marca, onde hai unha aplicación para seguir o proceso. Os aspirantes deberán convencer ao xurado das súas cualidades. O prazo finaliza o próximo 17 de abril.

A oferta está aberta a calquera persoa a partir de 18 anos, e sen límite de idade nin de condición, e "non é necesario saber idiomas, non piden experiencia, o horario é flexibél e o produto… pono Durex", explica a propia marca.

Iso si, valoraranse cualidades como o "amor, humor, paixón e atrevemento, ademais de creatividade".

Dos participantes, 50 serán elixidos para formar parte dun grupo exclusisivo que recibirá
os produtos de Durex para probalos e contar como lle foi. A primeira mostra
de confianza será entregarlles o “lote do probador/a oficial” para que "descubran e
comproben que poden ter novas e rotundas sensacións" e fagan suxestións, explica a marca de produtos sexuais.

Segundo o último 'Informe Durex de Benestar Sexual', a crise non reduciu o desexo dos cidadáns no Estado español. Así, un 70% afirma sentirse satisfeito coa súa vida sexual e o 84% declara que as súas parellas son boas proporcionándolles pracer.

A TÚA ACHEGA FAI QUE GC POIDA PUBLICAR NOVAS COMA ESTA. SÓ DEPENDEMOS DE TI.

¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511



Comenta

Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.

¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe






¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe


Comentarios

1 comentario
1

eueu

Por desgraça eu tenho constatado um nível mui baixo na qualidade das relaçons sexuais. A gente tende a supervalorizar-se quando realmente hai muita mediocridade e falta de imaginaçom (e de higiene). Esperemos que com armas coma estas melhore a cousa um pouco...


Durex convida a facerse probador oficial dos seus produtos / Foto de Fisserman on Flickr