XIX Mostra de instrumentos tradicionais en Pardiñas 2012

A Asociación de Gaiteiros Galegos encárgase de organizar, un ano máis, a Mostra de Instrumentos de Música Tradicional no Festival de Pardiñas - Guitiriz

Por GC Tendencias | Guitiriz (Lugo) | 03/08/2012

Un ano máis a Asociación de Gaiteiros Galegos (AGG), a través da comisión de artesáns, achégase ata o Festival de Pardiñas para organizar a que será a "XIX Mostra de Instrumentos de Música Tradicional". Un evento que constitúe unha das mostras de luthería máis antigas da península e que congrega cada ano a numerosos artesáns do país para mostrar o seu traballo ao público.

Durante as xornadas do 4 e 5 de Agosto, no marco incomparable do Festival de Pardiñas, os 24 artesáns de instrumentos musicais cos que contará a mostra, abrirannos unha fiestra aos seus obradoiros amosando o seu bo facer. Pero haberá moito máis, xa que se trata dunha festa na que non poden faltar as actuacións en directo, obradoiros, o baile tradicional e a foliada ate que o corpo aguante.

¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511



Comenta

Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.

¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe






¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe



Cartel Pardiñas 2012