"Heroes ocultos. Inventos xeniais. Obxectos cotiáns" en Fonseca

A exposición de Compostela, que se mostra por primeira vez no Estado, propón un fascinante percorrido por algúns dos utensilios que usamos no noso día a día e que se revelaron como imprescindibles

Por GC Tendencias | Santiago de Compostela | 31/07/2012

Que fai que un obxecto cotián se converta nun heroe oculto?

Rodéannos centos de utensilios que foron fabricados millóns de veces e que, en esencia, permaneceron inalterables durante décadas e mantido o seu valor e relevancia de forma incuestionable. Son clásicos cotiáns, pero que, en tanto que produtos industriais, encarnan ideais da modernidade sen data de caducidade: economía de materiais, funcionalidade e durabilidade.

Organizada pola Obra Social "a Caixa", Heroes ocultos. Inventos xeniais. Obxectos cotiáns, reivindica ante o público xeral o legado de inventores descoñecidos, achéganos ás súas creacións e analízaas baixo catro aspectos: innovación, produción, evolución e inspiración.

Cunha formulación pedagóxica e dirixida a fomentar a creatividade e recoñecer a importancia do emprendimiento, a mostra propón tres itinerarios: tecnolóxico, artístico e histórico-social en torno a 27 destes obxectos cotiáns que se converteron en imprescindibles no noso día a día. Cada un destes itinerarios conta con recursos para que o profesorado e os alumnos poidan sacar o máximo proveito á experiencia.

A historia que permiten extraer interesantes conclusións sobre acertadas estratexias creativas e empresariais, ou sobre como o azar converteu en produtos masivos e de éxito inventos que foron concibidos como algo completamente distinto. Para a súa exhibición en España, a mostra tamén revela que se esconde detrás de obxectos como o abano ou o porrón.

Heroes ocultos. Inventos xeniais. Obxectos cotiáns. Lugar: Colexio de Fonseca (praza de Fonseca, s/n) de Santiago de Compostela. Datas: do 6 de xullo ao 29 de agosto de 2012.

Organización e produción: exposición do Vitra Design Museum en cooperación con Hi-Cone, producida e organizada pola Obra Social "La Caixa", coa colaboración da Universidade de Santiago de Compostela e o Departamento de Educación do Concello de Santiago. Comisariado: Jochen Eisenbrand e Laura Hompesch, conservadores do Vitra Design Museum.

¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511



Comenta

Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.

¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe






¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe


Comentarios

2 comentarios
2

eopZSwkYXoJDQGaSy

1

NIvcuZsRuoWgBxGD

Geez, that's unibelevable. Kudos and such.


Exposición Heroes Ocultos

Tirando fotos na exposición