Esta primavera haberá dúas choivas de estrelas

Este mércores comeza oficialmente a primavera ás 22.58 horas.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 18/03/2019 | Actualizada ás 09:00

Comparte esta noticia

A primavera no hemisferio boreal comezará o vindeiro mércores 20 ás 22.58 horas. O paso aparente do Sol polo punto Aries, un dos dous puntos de corte da eclíptica co ecuador celeste, marcará o inicio da nova estación.

E durante este período produciranse dúas choivas de estrelas, as Líridas en torno ao 22 de abril e as Eta-Acuáridas no inicio de maio. Serán igualmente salientables algunhas aliñacións de astros, como a da Lúa cos planetas Mercurio, Venus, Xúpiter e Saturno nos amenceres do 30 e 31 de marzo.  Haberá que agardar ao verán para poder contemplar unha eclipse parcial de Lúa.

O director do Observatorio Astronómico Ramón María Aller da USC, José Ángel Docobo, explica que nestes días “estamos na época do ano na que o Sol está practicamente o mesmo tempo por riba que por baixo do horizonte, saíndo exactamente polo leste e poñéndose xusto no oeste”. A nova estación prolongarase ata as 17.54 do 21 de xuño, o que a converte na segunda estación pola súa duración (92,75 dias) logo do verán (93,66 dias).

A chvuia de estrelas ou bágoas de San Lourenzo ten lugar a comezos de agosto
A chvuia de estrelas ou bágoas de San Lourenzo ten lugar a comezos de agosto

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta