Temas: CORREOS

O xulgado dá a razón a unha traballadora de Boiro sancionada por Correos

Anula a sanción disciplinaria e condena a empresa a abonar os salarios deixados de percibir durante ese período, un total de 10.478,66 euros.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 04/03/2019 | Actualizada ás 20:08

Comparte esta noticia

O Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela declarou a nulidade dunha sanción disciplinaria imposta no ano 2016 por parte de Correos a unha carteira de Boiro (A Coruña) e condena á empresa a abonar os salarios deixados de percibir durante ese período, un total de 10.478,66 euros.

Furgoneta de Correos
Furgoneta de Correos | Fonte: Correos.

O xulgado admitiu as alegacións presentadas pola traballadora, que defendía que fixo correctamente o seu traballo e que a devolución dunha notificación seguiu "estritamente o estipulado" nos procedementos internos de repartición, segundo indicou o sindicato CIG.

Xunto a isto, establece que a empresa que denunciou que non recibira unha notificación postal da Axencia Tributaria levaba desde o ano 2014 sen actualizar a súa dirección postal nin fiscal, como sería de obrigado cumprimento.

Segundo Anxo Álvarez, delegado da CIG en Correos, isto "demostra" que, segundo denunciaron no seu día Xunta de Persoal, comité de empresa e a propia central sindical, "isto respondía a unha caza de bruxas froito da presión mediática derivada da denuncia da empresa que se fixo pública no seu momento".

Álvarez apunta que "esta situación de acoso vivida no seu día pola traballadora continúa na actualidade", como "demostra o feito de que non lle concedesen todos os días de vacacións correspondentes ao ano 2018 e que ademais, recentemente, os seus superiores lle denegasen a quincena de vacacións no prazo que ela solicitou para o ano 2019".

Temas: CORREOS
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta