A Deputación de Lugo destina 1 millón de euros máis ao deporte da provincia

A xunta de goberno da Deputación de Lugo aprobaba este venres destinar preto dun millón de euros máis para o impulso do deporte basee na provincia. Desta cantidade, 500.000 euros son axudas dirixidas a todos os clubs deportivos lucenses e de todas as modalidades deportivas, que lles permitirán asumir gastos federativos, material, equipamento ademais do cofinanciamento de competicións ou campionatos.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 15/02/2019 | Actualizada ás 14:59

Comparte esta noticia

A xunta de goberno da Deputación de Lugo aprobaba este venres destinar preto dun millón de euros máis para o impulso do deporte basee na provincia. Desta cantidade, 500.000 euros son axudas dirixidas a todos os clubs deportivos lucenses e de todas as modalidades deportivas, que lles permitirán asumir gastos federativos, material, equipamento ademais do cofinanciamento de competicións ou campionatos.

O prazo de solicitude das mesmas abrirase nas próximas semanas, unha vez publicadas na Base Nacional de Subvencións e no BOP. Os 440.000 euros restantes son para o Ensino, o Burela Fútbol sala, a Barbaría Mixta Friol e o Emevé, todos eles en primeira ou segunda división e que non son SAD.

O portavoz do goberno provincial, Álvaro Santos, destacou que "con esta nova inxección económica" a Deputación é "con moita diferenza a administración galega que máis inviste en deporte na provincia, a primeira Deputación en Galicia e a terceira de España con maior investimento por habitante en materia deportiva".

Mentres desde o goberno provincial de Lugo inviste en deporte 12,92 euros por habitante, incidiu en que a Xunta de Galicia faino con 6,29 euros. "É dicir, duplicamos o investimento do goberno galego en Lugo tamén en deportes".

Durante os últimos catro anos, o goberno provincial destinou case 4 millóns de euros a través destas liñas de colaboración deportiva, que permitiron ofrecer unhas 1350 axudas para 35 modalidades diferentes.

Segundo Santos "ao redor do 97 por cento do total das axudas foron de concorrencia competitiva, o que significa que todos os pequenos clubs da provincia puideron optar e solicitar as mesmas, promovendo o deporte base lucense".

Rolda de prensa da Xunta de Goberno da Deputación de Lugo. DEPUTACIÓN DE LUGO
Rolda de prensa da Xunta de Goberno da Deputación de Lugo. DEPUTACIÓN DE LUGO | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta