Avistada unha pedra cósmica que cruzou o ceo de Galicia

O bólido observouse tamén en León, Asturias e Cantabria.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 13/02/2019 | Actualizada ás 09:55

Comparte esta noticia

Un bólido --ou pedra cósmica-- foi avistado na tarde deste martes sobre o ceo do norte de Galicia, así como doutros puntos de Asturias, León e Cantabria.

Así o explicou, en declaracións a Europa Press, o director do Observatorio Astronómico Ramón María Aller da Universidade de Santiago (USC), José Ángel Docobo, quen precisou que "o máis probable" é que fose "unha pedra cósmica que entrou na atmosfera".

"Observouse no norte de España: Galicia, León, Asturias e Cantabria", comentou, para engadir que estiman que "se caeu algo, caeuse no mar Cantábrico". O director do Observatorio Astronómico Ramón María Aller da USC aclarou que "este tipo de fenómenos non é raro", pero, matizou, "obviamente, non ocorre todos os días".

Con todo, indicou que o avistamento se produciu sobre as 20,45 horas deste martes e foron "moitas testemuñas" os que o viron en zonas do norte de España, entre eles en puntos do norte de Galicia.
 

Imaxe obtida da grabación realizada polas cámaras do OARMA da traxectoria dun bólido
Imaxe obtida da grabación realizada polas cámaras do OARMA da traxectoria dun bólido | Fonte: USC

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta