O Comité da CRTVG denuncia unha nova “represalia” na TVG contra a presentadora Marga Pazos

Di que foi apartada das súas funcións de redactora. Desde o ente público aseguran que se limitan a cumprir cunha sentenza xudicial que recolle que a súa función é a de “locutora”.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 06/02/2019 | Actualizada ás 19:29

Comparte esta noticia

O Comité de empresa da CRTVG denuncia que unha traballadora do ente público, a presentadora Marga Pazos, foi “represaliada” por parte da dirección. Nun comunicado, o comité suliña que foi apartada das tarefas propias de redactora que viña desenvolvendo dende hai anos para limitala ás funcións de locutora de TV.

Marga Pazos, presentadora da TVG
Marga Pazos, presentadora da TVG | Fonte: CRTVG

O comité considera que se trata dunha represalia que a dirección executa aproveitando a escusa dunha sentenza en primeira instancia que lle recoñece a Marga Pazos o dereito a percibir o complemento de nivel (de locutora a redactora), despois de quedar acreditado que en efecto leva anos desenvolvendo esas funcións.

“É un feito que o resto dos locutores e locutoras da TVG desenvolven funcións de redacción e tamén que a propia empresa recoñeceu sempre na negociación da nova clasificación profesional que esta categoría tiña que integrarse na de redactor/a porque a realidade é que todos estes compañeiros e compañeiras hai anos que desenvolven de facto cada día ese traballo”, apunta o comité nun comunicado.

Ademais, denuncia que Marga Pazos pasa a ser a única locutora á que se lle prohibe redactar e porque, di, “é a primeira vez que a empresa aplica unha sentenza de recoñecemento de nivel para limitar as funcións da persoa á que o xulgado lle acaba de dar a razón”.

O comité vincula esta medida coa folga de mulleres do 8 de marzo de 2018 e apunta a que é un “castigo”, xa que esa folga valeulle á CRTVG unha condena por vulneración deste dereito fundamental ao substituír a esta presentadora por outro traballador non folguista.

Detras desta decisión está unha sentenza que condena á CRTVG á pagarlle preto de 40.000 euros a Marga Pazos para equiparar o seu nivel salarial de Locutora a Redactora, pero que non recoñece o cambio de categoría laboral, é dicir, pasar de Locutora (Nivel 5) a Redactora (Nivel 1) o que supón cobrar máis de 300 euros máis o mes.  

“CUMPRIR A SENTENZA”

Precisamente, fontes do ente público aseguran que cumpren co recollido nesa sentenza que di que Pazos non pode ser redactora porque non é xornalista, aínda que recoñecen que exercía esas funcións e por iso lle pagaba pluses que a equiparaban “e mesmo superaba” o salario dun redator. E, din, por iso a TVG foi condenada a pagar eses 40.000 euros.

“Ante isto, e coa sentenza na man, no é posible volver á situación anterior de volver pagarlle a Marga os pluses. Estariamos na mesma situación, e unha nova denuncia daría o mesmo resultado, e sería unha xestión irresponsable da empresa”, apuntan as fontes consultadas.

Neste sentido, suliñan que a solución para que siga presentando é que se circunscriba ás tarefas da súa categoría de Locutora que, insistens, “permitelle redactar textos e presentar pero non outras tarefas”. 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 5 comentarios

2 Xorna-listo

Se esta rapaza ten praza de locutora que traballe de locutora, igual que un cámara non traballa de grafista. Non vexo as represalias por ningures, se non ten a praza nen a titulación.. Botemos un vistazo á hemeroteca: http://www.galiciaconfidencial.com/...

1 Cabana

Lóxica. O intrusismo profesional ten que estar punido. Xa abonda con tanto opinador nas tvs, xornais, etcs que non teñen formación nin bagaxe. Os ciruxáns que operen, os pilotos que piloten, os arqueólogos que excaven, os avogados, policias, funcionarios, etc que traballen no que estudaron con esforzo e gastos. Non vou sacar un dente á ferretería.

1 Cidadán

Para cando pechan ese sideral pufo chamado Telegaita?

1 Sentidiño

Para cando pechen TeleBuruaga, TeleCultureta, rne, radio 3, radio 5, telemadrid e telemurcia.

2 Biobio

Las televisiones públicas deberían cerrarlas TODAS. El que quiera verla que las pague o que se financien con publicidad. No tiene ningún sentido mantener estos carísimos chiringuitos públicos para mayor gloria de políticos y enchufados de turno cuando hay oferta televisiva gratuita de sobra, las carreteras están sin asfaltar y hay que esperar 5 horas en Urgencias para que te atiendan.