Otegi e Galicia

O coordinador xeral de EH Bildu, Arnaldo Otegi, propuxo conformar unha “gran alianza” de cara ás próximas eleccións xerais, que inclúa “desde o PNV á CUP”, para “facer fronte ao autoritarismo” de PP, Cs e Vox, e á “volta do aznarismo desbocado”. Tamén Otegi sinala a necesidade de ampliar con outras forzas, o acordo entre Bildu, BNG e ERC para as eleccións europeas.

Por Lois Pérez Leira | Vigo | 17/01/2019

Comparte esta noticia
Mentres Otegi abre un posible novo escenario de alianzas electorais en Euskadi e no propio Estado español, e en Catalunya se continua a gran disputa rupturista, en Galicia estamos presenciando un enorme baleiro político na esquerda patriótica. 
 
A ruptura da Marea, a lenta descomposición de Unidos Podemos e o estancamento electoral do BNG, xeran o peor escenario político para o noso país. Sen proxecto político ilusionante, sen lideres convocantes, prevese un retroceso electoral de todas as formacións políticas existentes na esquerda galega.
 
Sen ningunha dúbida que nestes días terase que reformular polo menos a estratexia electoral, en relación ás eleccións europeas e municipais. A actualidade determina que neste espazo existen dúas claras posicións: os que queren seguir sendo franquicias de partidos de Madrid ou os que queren construír unha forza unitaria de carácter patriótico, onde Galicia teña voz propia.
 
Neste sentido o BNG terá que mover ficha e convocar unha ampla fronte semellante ao que suscita Otegi, que nuclee ás distintas forzas políticas de esquerda que aspiren a parar á dereita neofascista e gobernar o noso país.

Arnaldo Otegi nun acto político
Arnaldo Otegi nun acto político | Fonte: Publico.es
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Lois Pérez Leira Naceu en Vigo en 1953, emigrando á Arxentina cos seus pais sendo aínda un neno. En 1990 retorno definitivamente a Galicia, especializándose en temas migratorios. Durante estes últimos anos escribiu numerosos libros sobre a emigración galega e impartiu distintas conferencias en distintos países do mundo. Nos últimos anos se dedicou ao documentalismo sendo director de 18 documentais. Na actualidade é o secretario xeral de Nova Esquerda Socialista, organización que participa do Novo Proyecto Común. Foi distinguido en numerososa oportunidades, sendo nomeado cidadán ilustre da cidade de Salvador de Bahia.