A Xunta aumenta a dous millóns de euros as axudas directas aos medios de comunicación

A Secretaría Xeral de Medios incrementou en máis de 300.000 euros as partidas aos grandes grupos mediaticos galegos nas axudas concedidas a empresas xornalísticas e de radiodifusión no 2018. O Grupo Voz, afectado por unha nova reestructuración de plantilla, recibe 1.120.000 euros.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 09/01/2019 | Actualizada ás 14:19

Comparte esta noticia

A Xunta de Galicia segue sendo unha das principais vías de financiamento dos grandes grupos mediaticos de Galicia. Ano tras ano, o Goberno de Feijóo inxecta millóns de euros en convenios publicitarios que subscriben as distintas consellerías e tamén a Secretaría Xeral de Medios. Precisamente, este departemento, que dirixe Mar Sánchez Sierra, a principal asesora de Feijóo na Xunta, destinou de xeito directo case dous millóns o pasado ano en axudas a xornais e radios.

Mar Sánchez Sierra e Nuñez Feijóo
Mar Sánchez Sierra e Nuñez Feijóo

Esta cantidade supón un importante incremento con respecto ás mesmas cantidades que a Xunta destinou en 2017 en concepto de "axudas concedidas a empresas xornalísticas e de radidifusión". Hai dous anos era 1.666.194,87 euros. Este ano 1.976.778, é dicir, 300.000 euros máis.

LA VOZ

A convocatoria publicouse no DOG do pasado 28 de decembro, en plenas festas do Nadal e o principal beneficiario volve ser o Grupo Voz. De feito, este grupo de comunicación, que nos últimos tempos se ten posicionado claramente á dereita e cunha defensa acérrima do goberno de Feijóo, recibe axudas por catro vías diferentes. É o único gran medio co que a Secretaría Xeral de Medios ten esta “cortesía”.  

Así, a máis suculenta, de 778.838,13 é polo xornal impreso. A segunda, de 387.611,35 é pola súa web e a terceira é pola súa radio, Radio Voz, con 35.735,53. Chama a atención outra axuda que esta radio, cuxa audiencia é moito menor ás grandes cadenas radiofónicas, recibe de 185,31 euros pola súa web.

Feijóo e o editor de La Voz Santiago Rey
Feijóo e o editor de La Voz Santiago Rey | Fonte: GC

OUTRO MEDIOS

A infinita distancia de La Voz sitúanse o resto dos grupos mediaticois galegos. Así, El Progreso recibe 173.440 euros polo diario en papel e 21.425 pola web. A este diñeirohai que supmar o recibido por Diario de Pontevedra, tanto na súa versión escrita como web, que suman 102.000 euros. Deste xeito, o Grupo El Progreso recibe case 300.000 euros.

Pola súa banda, o Grupo La Región recibe máis de 182.000 euros polas cabeceiras en papel de La Región e Atlántico Diario, así como polas súas versións webs.  Finalmente, o Grupo La Capital, que edita entre outros, El Ideal Gallego e Diario de Ferrol, recibe 52793 euros.

En Radios, a que máis recibe é a Cadena Cope, con 85.243. Logo Onda Cero, on 71.473. As distintas cadenas asociadas á SER levan case 48.000 euros.  En Webs, ademais das dos grandes grupos, destacan os máis de 6.000 euros que recibe Pontevedra Viva, os 2.900 de Sermos Galiza, os 1.572 de Europa Press ou os 902 de Radio Lugo.

FARO E EL CORREO

Neste grupo de axudas chama moito a atención que non apareza Prensa Ibérica, o grupo editor de Faro de Vigo e La Opinión de A Coruña. Este grupo recibira por estas dúas cabeceiras case 325.000 euros o pasado ano nestas mesmas axudas. Tampouco aparece, como nos últimos anos, Editorial Compostela, editora de El Correo Gallego, que atravesa unha fonda crise que o levou ao impago de nóminas e a unha débeda de 15 millóns de euros,con débedas con Facenda e a Seguridade Social.

CRÍTICAS

Non é a primeira vez que os sindicatos denuncian esta masiva inxección de cartos públicos a determinados medios.  A CIG ten criticado a súa convocatoria pola "inexistencia de motivación real para esta subvención sen concorrencia competitiva". O sindicato considera que o único obxectivo deste tipo de convocatorias é "soster economicamente a súa actividade dando máis cartos canta maior difusión teñan, sen outra finalidade", o cal "ten como resultado financiar aos grandes grupos de sempre".

Para o sindicato "resulta moi doado comprender por que a gran maioría destes medios, sobre todo os que se levan a maior parte do pastel e teñen maior difusión, dificilmente van publicar información que sexa incómoda para o Goberno; todo o contrario, ao final atopámolos cheos de propaganda a favor deste".

O paradoxal destas axudas é que, sobre o papel, están destinadas a favorecer a "liberdade de expresión" e fomentar uns medios "máis plurais e independentes", e mesmo buscan "a potenciación da lingua e cultura galega" e "a galeguidade", pero chega con dedicar tan só un 8% do total do espazo á lingua propia de Galicia para recibir cartos.

Medios como Galicia Confidencial, líder da prensa en galego, e terceiro medio dixital de Galicia segundo Alexa, auditor de Amazon, ou Praza Pública, outro dos referentes da nova prensa en galego, non reciben un só euro de axudas. O único xornal en lingua galega que recibe cartos públicos da Xunta en concepto de subvencións é Sermos Galiza, aínda que a súa cantidade é irrisoria en comparación con outros medios con menos impacto.

a) Axudas a xornais impresos en formato papel.

CIF

Entidade beneficiaria

Importe axuda

B15162068

Editorial La Capital, S.L.

45.385,63

B27000637

El Progreso de Lugo, S.L.

173.440,88

A32100653

La Región, S.A.

129.247,46

A15000649

La Voz de Galicia, S.A.

778.839,13

B36003549

Lérez Ediciones, S.L.

94.466,85

A36643674

Rías Baixas de Comunicación, S.A.

33.620,05

b) Axudas a empresas radiofónicas privadas.

CIF

Entidade beneficiaria

Importe axuda

A27019710

Radio Lugo, S.A.

3.738,12

A32003915

Radio Orense, S.A.

16.942,71

A36005346

Radio Pontevedra, S.A.

26.515,89

A28281368

Radio Popular, S.A.

85.243,56

B28016970

Sociedad Española de Radiodifusión, S.L.

26.750,51

A28782936

Uniprex, S.A.

71.473,68

B15054414

Voz de Galicia Radio, S.L.U.

35.735,53

c) Axudas a empresas xornalísticas que difundan a súa actividade informativa mediante a internet.

CIF

Entidade beneficiaria

Importe axuda

B15162068

Editorial La Capital, S.L.

7.408,89

B27000637

El Progreso de Lugo, S.L.

21.425,92

A41606534

Europa Press Delegaciones, S.A.

1.572,10

A15000649

La Voz de Galicia, S.A.

387.611,35

A32100653

La Región, S.A.

15.959,12

B36003549

Lérez Ediciones, S.L.

7.789,65

A27019710

Radio Lugo, S.A.

902,43

A36643674

Rías Baixas de Comunicación, S.A.

3.615,29

A70301510

Sermos Galiza, S.A.

2.891,56

B94063567

Virtual Vedra Comunicación, S.L.

6.015,38

B15054414

Voz de Galicia Radio, S.L.U.

185,31

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

2 Anselmo

Suponho que a esquerda de EN MAREA mailos nacionalistas do BNG tamén terán a súa parte de culpa que sempre ganen os mesmos. Digo eu. Non só hai que votar balóns fora.

1 Xesús Ateo Recalcitrante

Outra vez máis mercando vontades, editoriais e publicidade gratuíta. Aí están as eleccións, e os de sempre (só hai que ver o listaxe) a lucrarse a conta do conxunto dos galegos e galegas. Non teñen escrúpulos nin os uns nin os outros.