GC Aberto

“Os profesionais da sanidade son os que salvan os servizos”

Un servizo ben puntuado polos galegos e galegas pero que agacha multitude de problemas nestes últimos anos.

Por IagoFdez (http://twitter.com/IagoFdezPena?lang=es) | GC ABERTO | 09/01/2019

Comparte esta noticia

Dende fai un tempo hai un debate xerado das privatizacións no sistema sanitario do noso pais, unhas privatizacións que buscan abaratar o custe e como desculpa din que melloran o servizo, temos que distinguir sobre unha privatización e un servizo que nace privatizado como e a Rede de Transporte Sanitario Urxente na nosa comunidade, e isto componse de Administración, Empresas e Traballadores. Un servizo que no 2016 cumpriu 20 anos e na súa maioría con unha boa opinión dos galegos e galegas.

Un médico. FLICKR - Arquivo
Un médico. FLICKR - Arquivo

Pero a historia destes días comeza con un anuncio por parte da administración no ano 2014 a cal sacaba a contratación para os próximos catro anos o servizo por un importe de 121,6 millos de euros, en un concurso no que como e costume valorase máis a oferta económica que o servizo que se puidera prestar, repartido en 14 lotes, multinacionais e pequenas e medianas empresas repartíronse os contratos rebaixando un presuposto que xa era demasiado xusto no seu nacemento.

Os desacordos non tardaron en chegar, as negociación de un novo convenio nunca fraguaron e ata as empresas solicitaron a inaplicación do convenio colectivo alegando perdidas, un convenio que en Galicia afecta a case 900 traballadores con data do ano 2013, o cal as empresas coñecían antes das licitacións.

Agora as empresas veñen de presentar a renuncia a prestar o servizo a partir do 31 de marzo do vindeiro ano, isto coloca outra vez a pelota sobre o tellado da Fundación Publica 061 a cal xa foi a culpable de que isto comezara mal con unha licitación que no seu inicio xa foi comentada por algún sindicato alertando de que para as empresas ía ser difícil manter o servizo.

Detrás de todos estes desacordos esta a Administración a cal busca abaratar o servizo, quizais coñecendo as consecuencias pero mirando para outro lado, as empresas as cales buscan un beneficio económico que non deixa de ser o fin polo que foron creadas, e por ultimo os traballadores, os cales ven afectados os seus dereitos e as súas condicións laborais dia tras dia pero nunca esquecen o servizo que prestan os galegos e galegas.

Un sector pouco coñecido pola poboación en xeral, que esconde multitude de problemas pero con uns traballadores que esquecen estes desacordos para prestar o mellor servizo posible, e os pacientes se sintan cómodos en situacións complexas da súa vida, quizais isto sexa o que faga que o 061 en Galicia poida ofrecer tan boas estadísticas.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta