Vídeo: un lobo, de preto na noite nun bosque galego

A especie está en perigo de extinción. Galicia concentra o 28% das 300 mandas que quedan en España.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 17/12/2018 | Actualizada ás 17:21

Comparte esta noticia

Galicia é a segunda comunidade autónoma en España con maior número de exemplares de lobo ibérico. Aquí concéntrase o 28% das 300 mandas desta especie que subsisten no Estado, segundo datos do Ministerio de Agricultura y Pesca, Alimentación y Medio Ambiente. Castela e León é a primeira, co 60%.

Lobo ibérico nun bosque galego, de noite
Lobo ibérico nun bosque galego, de noite | Fonte: Trasnofly en Youtube.

Este fermoso e mítico animal segue sendo motivo de desputas. Mentres os gandeiros esixen máis batidas contra o lobo, os ecoloxistas alertan da precaria situación dunha especie en perigo de extinción que ten en Galicia un dos seus últimos refuxios.

Admirar un exemplar de lobo de preto na noite non é doado. Isto é o que conseguiu o usuario de Youtube Trasnofly, que compartiu un vídeo no que gravou un exemplar nun bosque galego non identificado polo autor.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta