O Comité Electoral de En Marea acusa a Coordinadora de "secuestrar" as primarias

Os críticos alegan que as persoas que accederon ao censo estaban autorizadas.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 11/12/2018 | Actualizada ás 21:15

Comparte esta noticia

O Comité Electoral das primarias de En Marea defende que as persoas acusadas de acceder de maneira ilícita ao censo do partido instrumental estaban autorizadas a consultar o rexistro de inscritos na organización en virtude do regulamento aprobado no plenario do pasado 27 de outubro.

Suspendido temporalmente o plenario de En Marea
Suspendido temporalmente o plenario de En Marea | Fonte: EP.

Este martes, cinco membros do Comité Electoral, no que o sector crítico coa dirección que encabeza Luís Villares teñen maioría, ofreceron unha rolda de prensa na que acusaron á Coordinadora de En Marea (equivalente á executiva nun partido clásico) de actuar con intereses "de parte", "entorpecer" o proceso e ter "secuestradas" as primarias.

Así, o comité afirma que os regulamentos do proceso establecen que ten "plenas" competencias sobre o proceso de primarias e, por tanto, está autorizado a acceder ao censo. Manteñen que as tres persoas do comité seleccionadas para controlar o censo asinaron un documento de confidencialidade que foi facilitado pola propia Coordinadora, polo que entenden isto como unha autorización "de facto" para que membros do comité electoral accedesen ao rexistro de persoas inscritas.

Así mesmo, aseguran que as primarias, paralizadas desde o día 1 de decembro pola existencia de presuntas "irregularidades", poderían renovarse esta fin de semana se se emendan as deficiencias do proceso que motivaron a suspensión cautelar das votacións ditada pola Comisión de Garantías e se implementan as condicións de seguridade adicionais.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 7 comentarios

5 Indignación

Patético. Eles mesmos se retratan. Só están aí polos carguiños e o resto dálles igual. Moita marea, moita nova política pero son iguais á vella. Marea=PSOE=PP

4 Non phodemos máis porque...

Separádevos xa co.nho. Deixade xa de tocar o car a llo.

3 Enrique Castro

¿Estos son los que van a defender los derechos de las personas cuando día sí y día también nos están demostrando que se preocupan más por los intereses internos de sus organizaciones? Yo no quiero gente así que nos representen. A mi, no me representáis.

2 Roade

En marzo as bases de PODEMOS - Galicia apoiaron de forma abafadora (86%), concorrer en COALICIÓN con en Marea nos próximos comicios. Aquela decisión mantén plena vixencia e é vinculante Que pinta entón PODEMOS participando nas primarias de en Marea?

1 pidimos

Pero inda non dimitiron do Comité electoral! Incompetentes e pouco serios

1 arredista

O Comité Electoral non ten que dimitir, pois é o único que ten o mandato do Plenario para organizar as Primarias. Quen ten que dimitir é Villares e toda a cúpula villarista por secuestrar as votacións por medo a perder. Hai que botalos!

2 Sentidiño

Qué tal quedar nun sitio grande (non sei: o mercado de Amio?) e votar en urnas co dni? Así trolls e fantasmas desaparecían...