7 consellos para mercar un descodificador satelital

Para todos aqueles que xa estean cansos de ver as mesmas canles de televisión, cos mesmos contidos de sempre, comprar un dispositivo deste tipo pode ser a solución.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 30/11/2018 | Actualizada ás 15:07

Comparte esta noticia

Non é estraño estar aburridos de ver sempre as mesmas canles, coa mesma programación e cos mesmos contidos. Quizais sexa hora de indagar un pouco sobre os descodificadores satelitais para facer máis divertidos os momentos de ocio. O mellor receptor satélite está ao alcance de todos; só cómpre saber como buscalo. 

O consumo de televisión é unha práctica habitual
O consumo de televisión é unha práctica habitual | Fonte: Pixabay.

Con este dispositivo ábrese un mundo de posibilidades: pódese ter acceso a máis contidos e ver máis variedade de canles de televisión. Ademais, facilita estar actualizado con relación ás últimas tendencias en deportes, novas e entretemento en xeral.

Velaí van 7 consellos útiles para escoller o mellor descodificador para o fogar:

1. Familiarízate co funcionamento do equipo. A principal función do descodificador é recibir os sinais procedentes dos satélites para velos no noso televisor. Ademais, son centros multimedia completos que ofrecen unha nova experiencia con funcións como a de reprodución de contidos dixitais.

2. Verifica as características técnicas do aparello. É fundamental que o equipo conte cunha velocidade axeitada, unha boa capacidade de memoria e unha excelente calidade de imaxe. 

3. Fíxate nas marcas. Existen moitas marcas de descodificadores satelitais, e hainos dende os máis sinxelos ata os máis avanzados, con múltiples funcións adicionais. Busca sempre marcas recoñecidas que garantan a calidade do produto. En xeral, estas ofrecen unha garantía maior (nalgúns casos ata de 5 anos), mentres outras marcas ofrecen garantías máis curtas que fan desconfiar da durabilidade do equipo.

4. Comproba a compatibilidade do descodificador cos teus equipos. A capacidade e intensidade da antena parabólica externa que recibirá a información e os sistemas de conexión deben ser compatibles entre si e, por suposto, tamén co descodificador. No caso contrario, o máis probable é que non funcione adecuadamente. Polo tanto, confirma que o teu aparello de TV é compatible co modelo que vas adquirir.

5. Busca modelos recentes. Procura sempre adquirir o modelo máis novo xa que, co rápido que avanza a tecnoloxía, os produtos están a renovarse constantemente. Avalía as características de cada un, as túas necesidades, gustos e, sobre todo, o teu presuposto. Todo isto axudarache a decidir que equipo vas mercar. Aínda así, lembra que o prezo non sempre debe ser a variable definitiva que che permita decidilo. 

6. Identifica opcións adicionais desexables. É moi útil que o dispositivo teña conectividade a internet, ben sexa wifi ou por cable, para que permita a transmisión ou reprodución de música ou programas a través de sitios web. Así mesmo, é aconsellable contar cun porto USB que permita conectarte ao teu computador ou aun iPod. A través deste porto tamén se poderá gravar nun pendrive ou un disco duro externo o teu programa favorito cando non estás na casa. Se hai cativos, é fundamental que o descodificador teña control parental para protexer aos nenos da programación non apta para a súa idade. 

7. Observa o deseño do dispositivo. Aínda que pareza algo trivial, este aspecto é importante no momento da compra. Busca un equipo dun tamaño que se axeite ao espazo que tes na casa, dunha cor que sexa acorde á túa decoración e que a colocación dos botóns sexa funcional para ti. 

En webs como https://www.mejoresdispositivos.com pódense revisar estas características específicas (tanto estéticas como de funcionamento) dos descodificadores dixitais dispoñibles no mercado. Desta maneira, poderás escoller a mellor opción.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta