Lolita Flores lembra que o seu primeiro concerto como cantante foi nunha parroquia de Narón

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 23/11/2018 | Actualizada ás 16:51

Comparte esta noticia

Lolita, filla da bailaora e cantante Lola Flores, revelou en Televisión de Galicia que o seu primeiro concerto profesional, hai máis de corenta anos, foi na parroquia de Santa María a Maior do Val, no municipio de Narón.

Lolita, no programa Land Róber Tunai Show.
Lolita, no programa Land Róber Tunai Show.

Convidada especial do programa Land Róber Tunai Show, presentado por Roberto Vilar, a cantante enxalzou Galicia, a terra na que comezou a súa carreira. "Galicia, ustedes saben, que es una tierra a la que yo quiero muchísimo. Empecé aquí, además, en un pueblecito que se llama...". Mais non se acordaba do nome.

E proseguiu: "La primera vez que me subí a un escenario fue al lado de de Ferrol". Momento no que un intrigado Roberto Vilar lle preguntou polo nome da aldea. Mais a memoria falláballe á filla de Lola Flores. "Lar o algo así... muy pequeño". E foi coa axuda dalguén entre o público do programa que se resolveu o misterio: a parroquia do Val de Narón.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta