Unha avaría deixa á TVG sen programación durante toda a mañá

A dirección da CRTVG apunta a “problemas técnicos” e En Marea xa pide explicacións por ser “o peor corte de emisión” de toda a historia do ente público.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 15/11/2018 | Actualizada ás 12:04

Comparte esta noticia

A Televisión de Galicia está sen emisión en directo desde antes dás 7:30 horas dá mañá. Desde esa hora, a televisión pública de Galicia está emitindo programas enlatados. A TVG apunta a problemas técnicos, mentres que En Marea pide xa responsabilidades polo “maior corte da emisión” na historia do ente público.

Segundo a TVG, este problema débese a unha incidencia nun control. “Todos os efectivos están traballando sobre o problema para poder volver emitir desde San Marcos en directo o antes posible”. “Namentres non se solucione a incidencia a CRTVG ofrecerá contidos de entretemento”, apunta nun comunicado.

Tras o problema inicial, a TVG emitiu unha banda de desculpa na que se anunciaba que a programación habitual regresaría en canto se solucionaran os problemas técnicos. Desde entón, segue sen solventarse a avaría. Con todo, desde o ente público aclaran que toda a información segue ao minuto na Radio Galega, na web crtvg.gal e nas redes sociais da CRTVG. “Agardamos que estea xa resolto para o Telexornal, ou antes”, indican fontes consultadas.

En Marea anunciou xa que pedirá contas sobre cales son os problemas técnicos da dixitalización e como e por que afectaron de maneira tan grave á emisión. “En Marea preguntará por esta situación e esixirá as responsabilidades evidentes dun fallo tan grave que deixe sen servizos informativos ás galegas durante unha mañá”, indica nun comunicado.

Entrevista na TVG
Entrevista na TVG | Fonte: CRTVG

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta