A Xustiza anula o acordo do Goberno vigués que blindou xefaturas de servizos por libre designación

O xulgado avisa ao Concello de Vigo que este tipo de postos deben ser debidamente xustificados e non alegando só "necesidades do servizo".

Por E.P. | VIGO | 13/11/2018 | Actualizada ás 19:47

Comparte esta noticia

O xulgado contencioso administrativo número 1 de Vigo ditou sentenza na que anula os acordos da Xunta de Goberno Local da cidade para modificar a relación de postos de traballo (RPT) e establecer a libre designación como sistema de provisión para os grupos de funcionarios A1 e A2, así como para a provisión definitiva, por ese mesmo sistema, de catro xefaturas de servizo.

Concello de Vigo
Concello de Vigo | Fonte: Wikimedia

Estes acordos foron denunciados ante os tribunais polo voceiro de Marea de Vigo, Rubén Pérez Correa, ao que agora a sala do contencioso administrativo lle deu, en parte, a razón. Así, declarou contrarios ao ordenamento xurídico eses acordos, aínda que desestimou a pretensión esgrimida polo concelleiro de que se aprobe unha nova RPT e se convoque de inmediato a cobertura dos postos ocupados provisionalmente ou en comisión de servizo.

Na súa sentenza, o xulgado avisa ao Concello de Vigo de que a provisión de postos polo sistema de libre designación ten que ser un mecanismo excepcional e, a súa aplicación, debidamente xustificada, non só alegando unhas xenéricas "necesidades do servizo".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta