Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 24/10/2018 | Actualizada ás 16:22
O proxecto de megaminaría en Touro e O Pino supón unha ameaza medioambiental para toda Galicia e, en particular, para os veciños da comarca, que levan décadas sufrindo as consecuencias de viviren a carón da mina actual.
O proxecto é unha ameaza para as persoas, para as súas terras e para a súa auga que chega ata a ría de Arousa. Tras un ano de loita, Lentes Diverxentes presenta esta produción de 22 mimutos na que amosa o rexeitamento dos colectivos veciñais, científicos, mariñeiros, mariscadoras, bateeiros e gandeiros á megamina que pretende poñer en marcha a multinacional Atalaya Mining.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.