A Xunta reivindica que se puxo a traballar "de forma inmediata" despois da vaga de incendios de 2017

A Consellería de Medio Rural lembrou a aprobación dun convenio dotado con máis de 23 millóns de axudas e accións directas desenvolvidas por diferentes consellerías.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 15/10/2018 | Actualizada ás 20:02

Comparte esta noticia

A Consellería de Medio Rural reivindicou, após as críticas recibidas cando se cumpre un ano da vaga de incendios de outubro de 2017, que a Xunta "se puxo a traballar de forma inmediata" para reparar os danos ocasionados.

Incendios
Incendios

Respecto diso, a través dunha nota remitida aos medios de comunicación este luns, apunta á aprobación dun convenio "dotado con máis de 23 millóns" entre axudas e accións directas desenvolvidas polas distintas consellerías. No caso concreto de Medio Rural, alude á consolidación de chans e recuperación de zonas queimadas "seguindo sempre as directrices dos técnicos" de Lourizán.

"Todas as zonas queimadas nas que se fixeron actuacións foron previamente analizadas e priorizadas", explica, e engade que tamén se realizaron accións como sementas regenerativas, eliminación de madeira queimada sen valor de mercado e mellora das infraestruturas forestais, entre outras. O importa total aprobado para a súa execución, de acordo cos datos que traslada a consellería, ascendeu a 6 millóns de euros.

O departamento autonómico reparou máis de 90.000 metros lineais de distintos tipos de infraestruturas, indica. En canto a madeira, traballou, segundo di, nun milleiro de hectáreas. Por outra banda, sobre o dispositivo de loita contra o lume, sinala que se cubriron "o 100% das prazas do SPDCIF tal e como se comprometeu a conselleira de cara á temporada de alto risco". Supuxo, asegura, a contratación de 137 persoas, "o maior número de vacantes cubertas nas últimas campañas".

Este ano, ademais, contratáronse desde un principio por catro meses (en lugar de tres) os traballadores de Tragsa e Seaga, "co obxectivo de mantelos durante o mes de outubro". Agrega a Consellería de Medio Rural que xa están en funcionamento as 88 cámaras que integran a plataforma de radiovigilancia e que o dispositivo conta tamén cun novo helicóptero de coordinación con cámaras que transmiten en tempo real georreferencias. Por último, fai referencia igualmente ao contrato para a subministración de motobombas para a prevención e defensa contra os incendios, con 11 vehículos novos.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Leike

Mellor que sigan sen facer nada (que xa os botaremos fóra ) pero que non deixen queimar Galicia.