A contaminación do río Lañas provocado pola mina de Touro en imaxes

Veciños deste concello remiten este vídeo onde denuncian a “gran mortalidade piscícola” deste afluente do Ulla.

Por Galicia Confidencial | Touro | 13/10/2018 | Actualizada ás 16:00

Comparte esta noticia

O río Lañas, afluente do Ulla, está nunha situación “límite”. É o que denuncian veciños de Touro que, para confirmar as súas afirmacións, remiten un vídeo no que dan conta deste “desastre”. “Vai cheo de escumas que desprenden un olor moi forte  e que contaminan as augas”, din. Unha situación que se suma á forte contaminación polo cobre que se pode apreciar en todas as pedras do río.

Os veciños denuncian que os medios tradicionais sacaban a semana pasada unha nota de prensa da mineira de Touro onde daban a entender que o río Lañas estaba en “perfecto estado”, e sen mortalidade piscícola.

“Tal e como demostra o vídeo, unha vez máis, a realidade dista moito do relato que vende a empresa. Un desastre ecolóxico no que a administración,tanto a municipal como autonómica, segue de costas á veciñanza”, apuntan. Esta denuncia chega cando se acaba de coñecer que a internacional propietaria da mina está tentando vendela.

Augas en Lañas, perto da mina de Touro
Augas en Lañas, perto da mina de Touro

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Miñoca

Animo denuncia continuada para vergoña de empresarios «galegos»