Temas: MINA O PINO TOURO

A empresa da mina de Touro busca comprador no mercado internacional

A compañía Atalaya Mininig, principal promotora do proxecto da mina O Pino-Touro anda á procura de compradores nun ano no que esperan ter resultados positivos.

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 12/10/2018 | Actualizada ás 15:15

Comparte esta noticia

A axencia Reuters informou que a empresa con base en Chipre e que participa no proxecto da mina de cobre en Touro e O Pino, contactou co banco canadiense de investimento Bank of Montreal para a busca de compradores.

Terreos da mina de Touro. EUROPA PRESS - Archivo
Terreos da mina de Touro. EUROPA PRESS - Archivo

Os principais accionistas de Atalaya Mining son Trafigura e a metalúrxica e petroleira chinesa Yanggu Xiangguang Copper, que contan cun 22% das accións cada unha. Tamén participan os fondos metalúrxicos de EE UU  Liberty Metals & Mining Holdings y Orion Mine Finance que entre os dous suman case o 30% de Atalaya Mining.

Non obstante, a empresa enviou un comunicado á Bolsa de Londres no que di “estamos facendo unha revisión para examinar as opcións estratéxicas da compañía”. Engade tamén que “ a revisión está en curso e non hai garantía de efectuar ningunha acción en particular”.

Polo de agora, e logo das últimas denuncias a Augas de Galicia, por obras sen permiso no Río Portapego, a Asociación de Veciños O Pino-Touro Mina Non, non se manifestou aínda diante desta información.

A noticia causou certa sorpresa en circuitos empresariais, sobre todo en España, pois
Atalaya deulle paso a este proceso de venda cando a súa mina de Riotinto (Huelva) está funcionando a pleno rendemento. Esperan sacar uns beneficios próximos aos mil millóns de euros nunha década segundo a mesma empresa. O ano pasado os ingresos foron de 160 millóns de euros. Nestes momentos o valor da multinacional é de 400 millóns de euros no mercado.

Temas: MINA O PINO TOURO
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta