Temas: FEMINISMO RURAL

Viana vive con especial interese o ‘Día da Muller Rural’

O concello ourensán organiza dende o 14 de outubro varias actividades arredor desta celebración internacional a través do Centro de Información á Muller (CIM).

Por X.M. Fernández | Viana do Bolo | 13/10/2018 | Actualizada ás 11:00

Comparte esta noticia

Como ben reza no cartel central de presentación das actividades, “as mulleres rurais representan máis dun terzo da poboación mundial e o 43% da man de obra agrícola. Labran a terra e plantan sementes que alimentan nación enteiras”.

Presentación actividades 'Día da Muller Rural'. Fonte: Concello de Viana do Bolo
Presentación actividades 'Día da Muller Rural'. Fonte: Concello de Viana do Bolo

O domingo 14, ás 20.00 h. na Casa da Cultura, terá lugar un concerto femininoplural a cargo de Silvia Penide e Clara López onde as mulleres son as protagonistas. O público poderá gozar con cancións de Amaral, Guadi Galego, Julieta Venegas, Patti Smith e textos de artistas galegas como Lucía Aldao e outras.

O luns 15, día propio da “Día da Muller Rural”, haberá un conta contos ilustrado de mulleres galegas na Casa da Cultura ás 16.30 h. e xa o xoves 18 a proxección dun documental sobre a muller rural galega con merenda para os asistentes. Este último evento ás 20.15 h. tamén na Casa da Cultura.

O Concello de Viana do Bolo ten especial atención ás políticas de igualdade, tal é así que xa en setembro organizaron con éxito o I Encontro Feminista “Mulleres do Rural” con diferentes actividades: charlas, táboas redondas, obradoiros, proxeccións audiovisuais e unha feira de comercio local.

Temas: FEMINISMO RURAL
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta