Carballo, Coristanco e Santa Comba únense nunha marcha reivindicativa contra os proxectos eólicos

A Plataforma Non Eólicos Bustelo – Campelo – Monte Toural organiza esta andaina coa colaboración da Asociación ambiental Senda Nova.

Por Galicia Confidencial | Carballo | 11/10/2018 | Actualizada ás 11:41

Comparte esta noticia

Carballo, Coristanco e Santa Comba únense este venres nunha marcha reivindicativa contra os proxectos eólicos. A saída está prevista para as 10.00 horas dende Vilela de Entrecruces (Carballo), un dos núcleos de poboación afectados polos eólicos e onde algunha das vivendas está situada a uns 400 metros dalgún dos aeroxeradores, por debaixo dos 500 m que marca o plan eólico de Galicia. 

Zonas de afección do parque eólico  Bustelo – Campelo – Monte Toural
Zonas de afección do parque eólico Bustelo – Campelo – Monte Toural

A marcha percorrerá parte do territorio que pretenden ocupar os parques eólicos previstos na zona. Deste xeito, o traxecto inclúe moita natureza e poboacións como a da Abelenda – no concello de Coristanco - xa castigada polo parque eólico do Castelo. Tamén se pasará polo núcleo de Mira (Coristanco) e finalmente Castriz – no concello de Santa Comba – onde finalizará a andaina xusto a carón da súa fervenza ao redor as 13h00. 

Neste lugar, un dos espazos naturais máis significativos do concello de Santa Comba e nas proximidades do cal está prevista a instalación de dous aeroxeradores de 180 metros de altura. “Alí lerase un manifesto no que se reflectirán as razóns polas que se consideran que estes proxectos terían un impacto negativo tanto a nivel medioambiental como económico e, por suposto, para a saúde dos habitantes da zona”, apuntan os impulsores desta iniciativa nun comunicado.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta