Por Galicia Confidencial | Compostela | 09/10/2018 | Actualizada ás 08:15
O galego segue cruzando fronteiras e sendo materia de interese en universidades e países europeos. O último deles é Italia. Neste país verá a luz, na editorial Carocci de Roma, un libro sobre a historia da nosa lingua pensado e concibido como un manual para a universidade e escrito por un sueco.
'La lingua delle cantigas', subtitulada 'Grammatica del galego-portoghese', é unha obra do filólogo sueco afincado en Italia, Pär Larson e constitúe, segundo a súa editorial, a primeira descrición sistemática da lingua usada polos trobadores da Península Ibérica –desde Galicia e Portugal ata o reino de Aragón–, entre finais do século XII e mediados do XIV, para compor tanto poesía lírica sacra (as Cantigas de Santa María de Alfonso X) como profana (cantigas de amor, de amigo e de escarnio e mal dizer).
“Esperemos que este libriño moi xeitoso e de enorme utilidade tanto para investigadores coma estudantes encontre o público que se merece entre os estudosos e interesados na materia tanto en Italia, Galicia e Portugal como en calquera punto da Península”, apuntan os seus impulsores.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.