GC Aberto

Sofisma electoral

Os que a través do márketing electoral son catequizados a votar por un partido maquillado de honradez aínda cando ten na corrupción o seu "modus operandi", co seu discordante proceder , están a facilitar que uns lerchos sírvanse do pobo en propio beneficio e enriquecemento.

Por galfon (http://galdo-fonte-xm.blogspot.com.es/) | GC ABERTO | 08/10/2018

Comparte esta noticia

Na súa concorrencia aos comicios os grupos políticos utilizan os programas electorais  para facer chegar aos votantes  as propostas que teoricamente  pretenden levar a cabo tras as eleccións, é dicir , expoñerlles a súa oferta para que unha vez avaliada, os destinatarios poidan premiar ou penalizar o seu contido  nas  urnas.

Papeletas electorais para a votación nas eleccións xerais
Papeletas electorais para a votación nas eleccións xerais | Fonte: teinteresa.com

 

Tal dinámica sería democraticamente saudable se os programas electorais fosen elaborados de forma  rigorosa  e  coa  debida concreción, pero o certo é que tales documentos caracterízanse polo   seu contido nesgado pois mais alá de manter unha adecuación ás posibilidades reais e o obrigado grao de congruencia, a súa verdadeira finalidade  é ofertar propostas “suxestivas” coas que seducir aos electores.

 

Un obxectivo de fácil consecución  tendo en conta que os votantes na súa gran maioría   ten un escaso coñecemento en materia, e moito menor, cando toca estimar  os  efectos das medidas  propostas, carencias que suplen  polo xeral utilizando o trazo característico da súa capacidade   heurística  que  lles conduce ao erro ao provir  de fontes de información incorrectas e incompletas.

 ´

Pero aínda así non existe intención de emenda,  máis ben ao contrario, pois como a verdadeira finalidade é lograr o apoio electoral á causa e  o seu incumprimento  escapa ao control xurisdicional, tal circunstancia fai  que sexa a mentira a que se converte en programa electoral,  e propáguese   publicitariamente   nos medios  de información aínda cando a utilización de tal práctica produza unha quebra no funcionamento do sistema democrático representativo.

 

Salvando honrosas excepcións, os membros da familia política teñen  chegado  ao extremo  de establecer  a falsidade como norma de conduta, sendo práctica asidua a manipulación  da realidade e a maquillaxe  dos seus incumprimentos aducindo en xustificación  motivos  de interese  xeral ou de imprevistos conxunturais, obviando interesadamente que desde a primavera do 2010 os intereses da maioría social están  a ser cernados, e a pesar da situación, máis que  estar a representar os intereses dos cidadáns, os partidos dominantes posicionáronse en defender   intereses que non teñen que ver en absoluto co ben común.

 

Un todo  sintomático que sen ningún xénero de dúbida vén delatar que para estes políticos o seu programa electoral é papel mollado, unha declaración de intencións  sen cariz de realidade, que aínda non tendo intención  algunha  de cumprir  teñen crenza plena que lles pode conducir á vitoria nos comicios, especialmente ao contar coa interesada colaboración  duns medios de información  conexos que ao tempo de facer a vista gorda por proximidade ideolóxica arremeten con furor contra aqueloutros políticos  manifestamente  contrarios á súa liña editorial.

 

Sabendo que o contido do programa electoral non  ten carácter vinculante , dado que nada ata ao cargo electo a cumprilo, e que por tanto pode facelo ou non,  resulta manifestamente  incongruente   que o seu contido sexa factor determinante  da decisión  electoral dos cidadáns.

 

Cousa distinta sería  que os programas electorais das forzas políticas fosen sometidos a avaliación  para determinar  a fiabilidade do seu contido e a súa dose de coherencia, un traballo de análise e investigación    que por boa praxe tería  que  ser acometido por unha institución externa, independente e competente e os seus resultados ademais de ampla difusión pública  debesen ser fácil de entender polos votantes  como destinatarios e así  converterse  en filtro  de rigor e seriedade.

 

Un novo formato, capaz de  detraer    ou reportar fiabilidade  ás propostas políticas, e facilitar  de modo  solvente a toma  de decisión  duns electores que na súa inmensa maioría  distan moito  de ser expertos en materia  e por tanto fáciles de enganar.Un primeiro paso   para garantir dunha vez por todas  que o programado  correspóndase coas políticas públicas a desenvolver.

 

En tanto non mude a situación  hase de ter  presente   que  a elaboración do  programa electoral debe  ser un exercicio de honestidade e transparencia ante os destinatarios, polo que vai  sendo moita hora  de que os partidos  políticos deixen de actuar de forma oposta  ao seu contido, pois cando isto ocorre non  só están a ser incoherentes con eles mesmos, senón que traizoan e desconcertan a uns  electores que basearon en tal  referencia   a determinación do seu voto.

 

Por iso é polo que cara aos próximos comicios por saúde democrática    sexa clave  que os directos afectados móstrense  moito máis esixentes á hora de elixir a quen  lle vai a representar institucionalmente. 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta