As denuncias da manipulación informativa da CRTVG chegan á Deputación de Pontevedra

O deputado da Coalición Son, Xosé Lois Jácome, presentou unha moción na que defenderá as reivindicacións das profesionais dos medios públicos.

Por Galicia Confidencial | Vigo | 25/09/2018 | Actualizada ás 10:15

Comparte esta noticia

A situación da CRTVG, con denuncias de manipulación informativa e persecución laboral, que teñen desembocado nos coñecidos como “venres negros”, tamén chegou á Deputación de Pontevedra. A Coalición Son, grupo vinculado a En Marea, vén de presentar unha moción para reivindicar a defensa da calidade e a independencia dos medios públicos de comunicación audiovisual de Galicia.

Manifestación CRTVG
Manifestación CRTVG

Nun comunicado, o deputado Xosé Luis Jácome asegurou que estas denunciasn son “algo que veñen de onxe”. Neste sentido lembra como na CRTVG non se puido ver a comparecencia en directo de Feijóo cando explotou a súa casual relación de amizade co narcotraficante Marcial Dorado. “Nin tampouco puidemos ver máis de 50 segundos no telexornal sobre a sentenza da Gürtel, unha orde expresa da xefa de redacción”, engadiu.

Así, denuncia que hai un “incumprimento sistemático” da Lei 9/2011, especialmente naqueles aspectos que afondan na independencia e calidade dos medios públicos. Así, critica que siga como director xeral un cargo elixido e nomeado polo PP, “cando debería ter sido elixido por unha ampla maioría de dous terzos no Parlamento”.

Por iso reivindicará no pleno azos e apoio expreso a todo o persoal da CRTVG “que se atopa coartado na súa liberdade de prensa”, e especialmente ós profesionais “que veñen de dimitir en pro duns medios públicos de comunicación plurais e independentes”.

Xornalistas da TVG secundan o chamado 'venres negro' en contra da manipulación informativa
Xornalistas da TVG secundan o chamado 'venres negro' en contra da manipulación informativa | Fonte: @FedericoPrezRey
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta