O comezo do outono en Galicia virá con temperaturas altas

Concretamente ás 3.54 horas, o Sol estará xusto no punto Libra da esfera celeste, atravesando o ecuador celeste dende o hemisferio norte cara o hemisferio sur. Ese instante, o equinoccio de setembro, marca o comezo do outono no hemisferio Boreal da Terra e a primavera no Austral.

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 22/09/2018 | Actualizada ás 20:05

Comparte esta noticia

Segundo explica o director do Observatorio Astronómico Ramón María Aller, José Ángel Docobo, “son datas nas que a duración do dia e a noite coinciden, pasando esta última a gañar terreo ata o solsticio  de inverno –previsto para as 23.23 horas do 21 de decembro- no que a diferencia entre a noite e o dia será máxima no noso hemisferio”.

imaxe de outno
imaxe de outno | Fonte: pixabay

Remata outro verán ”seco e caloroso en Compostela”. Na garita meteorolóxica do Observatorio Astronómico Ramón María Aller, centro colaborador da AEMET, medíronse un total de 92,5 litros por metro cadrado ( 15,1 nos últimos días de xuño; 53,2 en xullo; 22,5 en agosto, e 1,7 en setembro). Como engade o profesor Docobo “dita cantidade é exactamente a mesma do verán de 2017 (92,5 l/m2)  e lixeiramente maior que a correspondente a 2016  (72,4 litros/m2)”.

O grao de pluviosidade “contribuíu ao feito de que as treboadas que descargaron noutros lugares de Galicia non o fixeron na área de Compostela”. De feito, como lembra o director do Observatorio Universitario, “dende o 8 de agosto nesta zona estase sufrindo unha importante seca: só caeron dende entón 4,6 litros/m2”. No que leva transcorrido de 2018 rexistráronse 1.190,2 litros/m2, sendo a media anual en Santiago en torno aos 1.800 litros/m2.  Completando o informe, José Ángel Docobo sinala que a temperatura máxima rexistrada na garita de Campus Vida da USC foi de 37º6 (3 de agosto), mentres que a mínima foi de 10º0 (19 de setembro).

ASTRONOMÍA

Astronomicamente, na nova estación destacan varias conxuncións planetarias e coa Lúa coma as seguintes: Lúa- Xúpiter no solpor (11 de outubro 10); Lúa-Saturno visible dende o solpor ata medianoite (14 de outubro); Lúa-Marte visible ao solpor (18 de outubro) e Lúa -Saurno visible ao solpor (11 de novembro). Ademais, os días 4, 5 e 6 de novembro sairán en liña no amencer a Lúa, Mercurio e Venus xunto coa estrela Spica.

Por outra banda, “son bos días para tentar observar o planeta Mercurio a simple vista tanto en torno ao 6 de novembro logo do solpor, coma sobre o 15 de decembro ao amencer”, engade o astrónomo da USC. Existe tamén a posibilidade de contemplar con prismáticos o cometa 38P/Stephan- Oterma en Xémini a finais de novembro.  Relativo ás choivas de estrelas, é destacable a das Xemínidas o 12 de decembro. Ademais, na actualidade está resultando posible contemplar a simple vista logo do solpor os planetas Venus, Xúpiter, Saturno e Marte.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta