Feijóo négase a unha rebaixa do prezo da luz malia que Galicia exporta enerxía ao resto de España

“Ademais, antes que Galicia está Castela e León”, destaca para xustificar a súa negativa a baixar os prezos da electricidade.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 21/09/2018 | Actualizada ás 10:00

Comparte esta noticia

A escalada das cotizacións do mercado almacenista da electricidade, sobre todo durante o verán, superando os 70 euros/MWh algúns días,  desatou o malestar entre os consumidores que ven como esta suba se une tamén ao progresivo aumento dos carburantes. Unha situación que afecta especialmente a Galicia que, paradoxicamente, é excedentaria en producción eléctrica.

Central eléctrica
Central eléctrica | Fonte: Remitida

Preguntado por GC sobre se a Xunta non ten previsto algunha compensación para evitar este brutal aumento da factura eléctrica, Feijóo dixo que o seu executivo foi un dos primeiros en tramitar o bono social para, a continuación, negar compensacións ou beneficios a Galicia a pesar de producir electricidade de máis.

É imposible ter un prezo de luz inferior a España ou á EU. Ese plantexamenteo é imposible. Non hai ningunha lei que o permita”, dixo. Con todo, e para xustificar a súa resposta quixo deixar claro que Galicia é a tercera autonomía en producción eléctrica. “A primeira é Castela e León”, dixo, “e isto hai que telo claro”.

CONTRASTE DE ANUNCIOS

Unha resposta que contrasta co anuncio feito este xoves no Consello da Xunta no que dixo que o seu goberno, en pleno proceso de elaboración dos orzamentos para o ano 2019, traballa para "rebaixar a presión fiscal" aos galegos porque a economía "está a ter algunhas tensións e cae o investimento estranxeiro en España".

“A proposta do Executivo galego é facer un esforzo baixando algúns impostos máis en 2019. Con todo, sería precipitado concretar que impostos e en que contía. Pero traballamos nunha rebaixa da presión fiscal porque o IPC está a dispararse", engadiu.  "Se o Goberno central propón subir impostos cun IPC disparado e servizos básicos disparados, non é un bo panorama para as familias galegas. Imos ver como podemos rebaixar a súa presión fiscal", aseverou. Desde logo, a luz ou os carburantes non están nas preferencias da Xunta para rebaixar esa “presión fiscal”.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta