Abel Caballero remite cartas a nove alcaldes da área de Vigo para pór o 'modo aforro' de auga

O alcalde de Vigo anuncia que se vai medir o consumo de cada concello.

Por E.P. | VIGO | 18/09/2018 | Actualizada ás 18:09

Comparte esta noticia

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, remitiulles cartas aos alcaldes dos nove municipios aos que abastece de auga para instarlles a activar, como xa fixo a cidade olívica, o 'modo aforro' de auga e que recomenden aos seus cidadáns un consumo responsable de auga.

Abel Caballero.
Abel Caballero.

Caballero indicou que remitiu as cartas aos rexedores de Cangas, Moaña, Redondela, Soutomaior, Gondomar, Salceda, Nigrán, O Porriño e Mos, para urxirlles a que tomen estas medidas.

Neste sentido, avisou de que se vai medir o consumo de cada concello, e de feito xa avanzou que entre xaneiro e agosto hai "algún municipio que consumiu un 11 por cento máis de auga que o ano pasado". A pesar diso, destacou que en conxunto se aforrou un dous por cento, "que non está nada mal", aínda que eloxiou que en Vigo o aforro ascendeu ao 4,5 por cento.

"Pido que aforren o mesmo que Vigo, porque de auga non estamos mal pero non hai previsión de choivas en moitas semanas", insistiu, a colación do que remarcou que este problema podería estar resolto co transvasamento de emerxencia, pero o proxecto "atopouse coa feroz oposición que Feijóo fai a todo o que ten que ver con Vigo". "Feijóo quere que quedemos sen auga", selou.

COMISIÓN DE INVESTIGACIÓN

Noutra orde de asuntos, o concelleiro Carlos López Font anunciou que este martes enviou unha carta a cada un dos grupos con representación no Parlamento de Galicia en relación coa comisión de investigación solicitada sobre as relacións entre Alberto Núñez Feijóo "e o narcotraficante Marcial Dorado".

Así, subliñou que xa que "se produciu un cambio no PP respecto ao criterio de constitución de comisións de investigación (de non estar a favor cando se estaba investigando xudicialmente a agora dicir que si), é o momento de que o Parlamento abra unha comisión na que se poida esclarecer todo" este tema. "Espero que se queira coñecer a verdade", espetou.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 3 comentarios

3 Gunther Gröell

Sabe a xente de Vigo e os galegos en xeral que co que gasta nas luces de Nadal pagaríanse entre 12 e 15 médicos especialistas durante un ano. É ben certo que cada pobo ten o que merece...

2 super-LED

Quer aforrar em agua o que desbalda em electricidade?

1 anonimo

Tem que aforrar em auga o que desbarata em LEDS?