Por Galicia Confidencial | Arousa | 24/08/2018 | Actualizada ás 11:31
Na actualidade máis de 3.300 bateas cobren as augas das nosas rías, producindo cada unha delas unha media anual de 90 toneladas de molusco, dando emprego a máis de 13.000 persoas e convertendo a Galicia na principal potencia acuícola de Europa.
A súa orixe remóntase ó século XVIII e comezos do XIX, cando tiveron lugar as primeiras experiencias de cultivo. Pero non será ata mediados do século XX cando se comece a desenvolver o que coñecemos como miticultura, cría do mexillón.
As nosas rías son o enclave natural idóneo pola temperatura e a quietude das súas augas. A temperatura media da auga, de 17 ºC, facilita o crecemento rápido do mexillón e a súa calidade excepcional. Na actualidade máis de 3.300 bateas cobren as augas das nosas rías, producindo cada unha delas unha media anual de 90 toneladas de molusco, dando emprego a máis de 13.000 persoas e convertendo a Galicia na principal potencia acuícola de Europa.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.