Extinguido o incendio perto do castelo de Monterrei deixando dúas hectáreas queimadas

Na extinción participaron catro helicópteros, dous avións, tres motobombas e nove brigadas.

Por E.P. | OURENSE | 21/08/2018 | Actualizada ás 20:03

Comparte esta noticia

Un incendio forestal declarado na tarde deste martes nas inmediacións do castelo de Monterrei (Ourense), foi extinguido e deixando queimadas unhas dúas hectáreas.

Castelo de Monterrei
Castelo de Monterrei

Segundo informa a Consellería de Medio Rural, o lume comezou ás 13,07 no municipio de Verín, na parroquia homónima, e extinguiuse ás 14,00 horas. Arderon 1,77 hectáreas de monte raso e 0,3 hectáreas de arborado.

Entre outros medios, nas tarefas de extinción actuaron catro helicópteros, dous avións, tres motobombas, nove brigadas e tres axentes. Case toda a provincia de Ourense atópase este xoves en risco extremo por incendio, do mesmo xeito que boa parte de Galicia, nunha xornada con aviso amarelo por calor.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta