Temas: ENCOROS AUGA

Os encoros galegos baixan a súa capacidade, pero mantéñense sobre a media da última década

A reserva hidráulica galega ten nestes momentos un total de 2.631 hectómetros cúbicos de auga embalsada sobre os 3.714 posibles.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 21/08/2018 | Actualizada ás 18:19

Comparte esta noticia

A reserva hidráulica galega descendeu a última semana e atópanse ao 70,8% da súa capacidade, cun total de 2.631 hectómetros cúbicos de auga embalsada sobre os 3.714 posibles. Segundo datos do Ministerio para a Transición Ecolóxica coñecidos este martes, os encoros galegos perden un punto de auga embalsada respecto de fai sete días.

Encoro De Beche. EUROPA PRESS/REMITIDO - Archivo / Europa Press
Encoro De Beche. EUROPA PRESS/REMITIDO - Archivo / Europa Press

Con todo, tanto os 2.130 hectómetros cúbicos existentes nos encoros da demarcación Miño-Sil como os 501 de Galicia Costa están por riba do existente a estas alturas o ano pasado, así como da última década. De feito, os 2.631 hectómetros cúbicos da actualidade na Comunidade son uns 200 máis que os 2.433 nos rexistros de media dos últimos 10 anos.

En concreto, a reserva do Miño-Sil descendeu lixeiramente, até o 70,3% da súa capacidade (era do 71,2% a semana anterior), mentres que a caída porcentual en Galicia Costa foi algo maior (duns dous puntos) até quedar no 73,2%.

Temas: ENCOROS AUGA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta