Temas: FESTIVAL MúSICA

Fin de festa no Porto de Vilaxoán

Hoxe remata o Festival Revenidas completando 3 días de música e un interesante programa de actividades paralelas.

Por X.M. Fernández | Vilagarcía de Arousa | 19/08/2018 | Actualizada ás 13:07

Comparte esta noticia

Como dixo días atrás a presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, “Revenidas fala do que somos, da nosa cultura, da nosa lingua e da nosa tradición”. Un festival senlleiro que este ano cumpre 15 anos en constante evolución e cunha proposta integradora de estilos musicais, propostas culturais e compromiso co medio ambiente coa posta a disposición dos asistentes de vasos reutilizábeis con mensaxes de sensibilización para a reciclaxe e a diminución de residuos plásticos.

Presentación oficial do Revenidas. Fonte: web Revenidas.
Presentación oficial do Revenidas. Fonte: web Revenidas.

No cartel deste ano, con máis de 40 bandas, conviven diferentes estilos musicais, feito que fai deste evento tamén un encontro multicultural e aberto a todos os gustos. Así, podemos atopar, entre outras alternativas, ska, punk, rock, pop, garaje, rap, funk, reggae, folque ou música electrónica.

Hoxe, día de peche do festival, ás 13.00 h. actuará a formación The Dawlins e a partir das 17.00 h. agárdanos unha gran tarde de música en directo. No Escenario Mahou estarán High Paw & Elephant Yard, Zoo, Auxili e Dakidarria, mentres que no Escenario Fest Galicia estarán El Diluvi, Banda Xangai, Russkaja e Xavi Sarriá i el cor de la fera.

Na apertura de portas ás 17.00 h. e ao remate dos concertos cara as 3.00 h. amenizará La Duendeneta.

Unha das sorpresas da tarde virá da man de Xurxo Souto, da Banda Xangai, que anunciou a actuación da Coral de Vilaxoan durante o seu concerto.

Coral de Vilaxoan. Fonte: web Revenidas
Coral de Vilaxoan. Fonte: web Revenidas

Temas: FESTIVAL MúSICA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta