Denuncian falta de seguridade nos xulgados de Ourense

O sindicato Alternativas na Xustiza sinala nun comunicado que a cidade das Burgas ten a “dubidosa honra” de ser o lugar cos xulgados máis inseguros de Galicia.

Por Galicia Confidencial | OURENSE | 18/08/2018 | Actualizada ás 14:00

Comparte esta noticia

Nun comunicado Alternativas na Xustiza denuncia que a día de hoxe só hai tres policías nacionais asignados á seguridade de edificios xudiciais en Ourense. Os tres axentes estarían a gardar os edificios do Palacio de Xustiza e o novo edificio xudicial do Couto.

Concello de Ourense
Concello de Ourense | Fonte: Wikipedia

Os motivos que están detrás desta situación, segundo o sindicato apunta a xubilación de dous terzos dos policías que vixiaban os edificios xudiciais. Estas xubilacións, segundo o comunicado de Alternativas na Xustiza, non se cubriron. A situación daría con que hai un só policía nacional para dous edificios, mentres que o Palacio de Xustiza estaría desprovisto de policía que desenvolvese tarefas de seguridade.

Por outra banda, desde o sindicato tamén denuncian que os policías asignados á protección dos edificios de Xustiza, non están a perceber o complemento correspondente á súa actividade “desde hai meses”. Todo isto mentres o número de edificacións xudiciais dobrou co que sería de esperar o aumento en número de axentes policíais para a súa seguridade. Non obstante, como apunta o mesmo comunicado de Alternativas na Xustiza, o edificio do Couto non conta con sistemas de vídeo vixilancia e puntos clave, como sería unha sala de espera do xulgado de garda.

Isto non permitiría unha rápida asistencia en puntos conflitivos sen deixar de atender a outros. Así o remarcan desde o sindicato “ o pasado martes, cando o único policía que estaba na entrada do edificio, tivo que ser requirido polos seus compañeiros para auxilialos na sala de espera do xulgado”, pois segundo apuntan non podía “visualizar por cámara o que estaba a ocorrer tendo que deixar o punto de entrada ao edificio xudicial sen custodia policial”.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Tirador de Lira

Todos, pero todos os Xulgados son Perigosismos.........para os Usuarios.