Liberan un exemplar de paxaro arao que atoparon desnutrido nas Cíes

O paxaro foi atopado a finais de xullo con síntomas de desnutrición, ferido e desorientado. A día de hoxe só existen dúas parellas de arao que aniñen e se reproduzan na Península e localízanse en Camariñas.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 16/08/2018 | Actualizada ás 13:37

Comparte esta noticia

A Consellería de Medio Ambiente liberou a un exemplar de paxaro arao común que foi atopado a finais de xullo nas Illas Cíes con síntomas de desnutrición, ferido e desorientado.O paxaro foi atopado nos arredores do Lago dos Nenos e pasou 12 días no Centro de Recuperación de Fauna Silvestre de Cotorredondo en Pontevedra, segundo informou a Xunta.

Liberación dun exemplar de arao común nas Cíes. XUNTA
Liberación dun exemplar de arao común nas Cíes. XUNTA | Fonte: Europa Press

Esta especie de ave mariña frecuenta Galicia durante o inverno, pero no pasado contaba cunha forte presenza de colonias moi numerosas nestas illas das Rías Baixas. Con todo, a día de hoxe só existen dúas parellas de arao que aniñen e se reproduzan na Península e localízanse en Camariñas.

Para poder realizar un seguimento do arao liberado, os técnicos e traballadores que o trataron colocaron un anel metálico na súa pata, un dispositivo de identificación que resulta útil para a comunidade científica. Este distintivo permite desenvolver estudos e medidas de conservación, xa que supón unha fonte de información respecto dos movementos migratorios das aves, as taxas de mortalidade e a morfoloxía de certas especies.

Tras colocar o anel de seguimento e comprobar o seu estado de saúde, o arao foi liberado por un dos responsables do Servizo Nacional de Áreas Protexidas de Perú, Juan Carlos Heaton.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta