Vídeo: Luís Villares esixe a erradicación das touradas en Galicia

O portavoz de En Marea súmase á campaña de Galicia Mellor Sen Touradas e denuncia a "complicidade" dalgunhas administración públicas co maltrato animal, en velada referencia ao Goberno de Pontevedra, no que Miguel Anxo Fernández Lores, do BNG, mantén esta práctica como espectáculo.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 09/08/2018 | Actualizada ás 20:25

Comparte esta noticia

O portavoz de En Marea, Luís Villares, colabora na campaña da organización Galicia Mellor Sen Touradas para acabar con esta práctica de tortura e asasinato de animais no noso país.

Contra as touradas
Contra as touradas

Nun vídeo dun minuto, Villares denuncia que "as touradas son un espectáculo bochornoso no que uns desalmados gozan vendo sufrir e morrer os animais". E recorda que "a cultura galega non é a cultura do maltrato animal".

Villares tamén censura a "complicidade" dalgunhas administración públicas que promoven esta práctica violenta, como o Concello de Pontevedra, onde se dá o paradoxo de que gobernando o BNG —partido que oficialmente está contra as touradas—, o seu alcalde Miguel Anxo Fernández Lores mantén a tortura e asasinato de touros como espectáculo e reclamo turístico.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 3 comentarios

3 Fran Correa

As touradas son noxentas pero moi legais, logo o Villares que di que sempre debemos acatar a legalidade (coa Constitución Española franquista diante, por suposto), non sei de que se queixa: son a repera do festexo españolista por excelencia!!! Son legais e fiéis reflexo do espíritu español!!! Por suposto que Lores é un impostor, un españolista travestido de galego, iso non quita que cando ti te deitas con españois aparezas mexado pola mañá, como acontece co Villares. España é a patria amada do Lores e a matria legal intocable do Villares. Charanga e pandeireta!!!

2 DA MAREA NON FIO

mais e mais contos que ninguen cree, o xuiz villanías, tristureiro epígono do "celebre" politicastro Vieiras, nos tenta vender a moto, pero non e asi a xustiza do xuiz e expañolenta e taurófila e xustiza cornopata e de tauromafias desde a realeza monoarquia a plebeia "la comunista" viven de touros e viño, AGORA O LIDER CASEIRO DE 650 MIL EUROS "CASIÑA DE OBREIRO" - AUTENTICO VIDREO DO XUIZ - https://www.youtube.com/watch?v=Byq...

1 Gamela

No verán está ben facer un vídeo contra o maltrato animal... Aos galegos preocúpanos máis o inverno e o maltrato ás persoas que nin siquera poden pagar a factura da luz para sobrevivir en condicións dignas !!! https://i.gal/gamela09 Contra o maltrato humán !!!