Así foi a exhumación dos restos dos catro guerrilleiros asasinados polo franquismo en Val do Dubra

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 27/07/2018 | Actualizada ás 09:29

Comparte esta noticia

A Asociación para a Recuperación da Memoria Histórica levou a cabo en 2016 os traballos de exhumación dos restos de catro guerrilleiros, asasinados pola Garda Civil en marzo de 1949 na parroquia de Paramos (Val do Dubra). Eran unha muller e tres homes: Manuela Teiga, José María Castelo Mosquera, Vicente Peña Tarrasa, e un cuarto corpo que as análises de ADN confirmaron como o de Manuel Pena Camino.

Exhumación dos restos dos catro guerrilleiros asasinados polo franquismo en Val do Dubra
Exhumación dos restos dos catro guerrilleiros asasinados polo franquismo en Val do Dubra | Fonte: Lentes Diverxentes.

Os corpos dos guerrilleiros antifranquistas foron achados nunha foxa común do atrio da igrexa de Paramos. Este próximo sábado, 28 de xullo, ás 12:30, no Auditorio de Bembibre, celebrarase o acto de entrega dos restos xa identificados ás súas familias.

O colectivo audiovisual Lentes Diverxentes quixo estar presente nos traballos de exhumación, para darlle visibilidade á loita pola recuperación da memoria e a dignidade destas persoas que loitaron e deron a súa vida pola liberdade e a xustiza.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta