A Coruña, primeira en España en calidade da produción científica tendo en conta o tamaño da universidade

Encabeza o ránking IUNE en proporción de artigos publicados en revistas de alta calidade científica sobre o total das publicacións de cada universidade.

Por Galicia Confidencial | A Coruña | 17/07/2018 | Actualizada ás 16:26

Comparte esta noticia

A Universidade da Coruña (UDC) encabeza en España o ránking IUNE no ítem da proporción de artigos publicados en revistas de alta calidade científica sobre o total das publicacións de cada universidade, segundo se vén de facer público.

A Universidade da Coruña
A Universidade da Coruña | Fonte: UDC.

O Observatorio IUNE está constituído por un grupo de investigadores pertencentes ás universidades que integran a Alianza 4U. O seu obxectivo é caracterizar a actividade científica das universiades a partir dunha ampla batería de indicadores. Así no que mide as publicacións nas tres primeiras revistas de cada unha das áreas científicas, a UDC ocupa o primeiro posto do Sistema Universitario Española tendo en conta o tamaño da universidade, mellora o indicador do ano pasado no que a UDC ocupaba o terceiro lugar; sitúase ademais no posto 19 en patentes estatais, que na pasada edición era o número 22, e no mesmo posto en proxectos do plan nacional, que tamén mellora a anterior edición en que a UDC estaba no 30, informa a institución coruñesa.

Na actualización do ránking SIR (Scimago Institutions Ranking), a UDC ocupa o posto 476 dun total de 3.234 universidades de todo o mundo, e o 38 das 63 españolas, mellorando os postos da edición anterior, que ocupaba o número 482 e 39, respectivamente.

Finalmente, na última versión do THE-Teaching Ranking (Thimes Higher Education World University Teaching Ranking), a UDC ocupa o posto 126-150 de entre as máis de 200 universidades europeas avaliadas. Ademais, está na posición 24 das 42 universidades españolas que entran neste ránking.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta