Descobren que as follas do eucalipto que abunda en Galicia teñen propiedades antioxidantes

Unha investigación proba que "os extractos de follas de Eucalyptus globulus se poderían utilizar como materia prima para alimentos e suplementos farmacéuticos". Podería mudar isto a xestión do eucalipto en Galicia?

Por Alberto Quian | Santiago de Compostela | 17/07/2018 | Actualizada ás 21:55

Comparte esta noticia

Podería Galicia mudar a explotación dos eucaliptos? Un estudo publicado na revista científica Journal of Food and Drug Analysis demostra que as follas do Eucalyptus globulus —a especie de eucalipto que domina en territorio galego— teñen propiedades antioxidantes. Unha conclusión que podería mudar o uso e xestión da especie en Galicia, buscando alternativas máis sustentables que a industria madeireira e pasteira e, talvez, freando a invasión do eucalipto, con plantacións máis equilibradas e mellor xestionadas.

Eucaliptos na zona de Cabo Ortegal / Pierre en www.flickr.com/photos/pierrepita/2962116512/
Eucaliptos na zona de Cabo Ortegal / Pierre en www.flickr.com/photos/pierrepita/2962116512/

As follas do Eucalyptus globulus empréganse xa para tés de herbas e fins terapéuticos. Agora, por primeira vez se investigaron as actividades neuroprotectoras, baseadas en propiedades antioxidantes, de diversos extractos de polaridade (acetona, etanol e metanol) de follas de eucalipto, para elucidar os seus principais compoñentes bioactivos.

O obxectivo deste estudo foi investigar por primeira vez o efecto neuroprotector das follas de Eucalyptus globulus, a especie de eucalipto que domina Galicia.

Os autores do traballo son investigadores do Departamento de Farmacoloxía, Farmacognosia e Botánica da Universidad Complutense de Madrid, Instituto de Tecnoloxías Farmacéuticas e Departamento de Farmacognosia da Universidade de Kaunas (Lituania) e Instituto de Horticultura do Centro de Investigación Lituano para a Agricultura e a Silvicultura, tamén en Kaunas.

Os resultados mostraron que "os extractos de follas de Eucalyptus globulus se poderían utilizar como materia prima para alimentos e suplementos farmacéuticos polo seu alto contido en compostos antioxidantes con propiedades beneficiosas para a saúde contra o estrés oxidativo", conclúen os científicos.

O obxectivo deste estudo foi investigar por primeira vez o efecto neuroprotector, baseado nas súas propiedades antioxidantes, de extractos de acetona, etanol e metanol de follas de Eucalyptus globulus contra o estrés oxidativo.

As análises demostraron que "os extractos de follas de Eucalyptus globulus son unha fonte importante de compostos antioxidantes", senténzase no traballo, titulado 'Antioxidant activity, neuroprotective properties and bioactive constituents analysis of varying polarity extracts from Eucalyptus globulus leaves'.

"Estes extractos son unha fonte potencial de compostos antioxidantes de natureza fenólica que posúen beneficios para a saúde contra o estrés oxidativo".

Os resultados tamén proban que "a potencia antioxidante dos extractos de acetona, etanol e  metanol depende das técnicas in vitro". Ademais, comprobouse que estes tres extractos son ricos en compostos fenólicos, sendo o ácido cloroxénico o principal composto identificado (o ácido cloroxénico ten acción antioxidante e antiinflamatoria).

"Estes extractos son unha fonte potencial de compostos antioxidantes de natureza fenólica que posúen beneficios para a saúde contra o estrés oxidativo, podéndose utilizar como materia prima para suplementos nutricionais, alimenticios e farmacéuticos", sosteñen os autores da investigación.

Con esta confirmación científica ábrese a pregunta agora de se Galicia podería, nun futuro, reformular a explotación e xestión do eucalipto e apostar por alternativas máis sustentables que a industria madeireira e pasteira. A presenza no país de empresas farmacéuticas e biotecnolóxicas de alto nivel podería ser un acicate para explotar esta nova vía para o eucalipto. 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 5 comentarios

5 MARIJUANATO

señores non saben que inventar os do gobernó pepeiro e os masillas de co.co$ de Pontevedra para meternos mais e mais broza eucalipteira, agora que si antioxidantes, pois claro que levan oxido, oxidan e chuchan da auga dos ríos (eucalipto e folla de auga) señores outras herbas mais inocentes do grupo da tisana e herbaluisa, a marijuana tamen teñen sustancias boas nacortizantes e colocantes, as mortes o ano son minimas, non e como o maligno tabaco que matan moitisimo, o cancro de pulmón seria un.ha efermidade moi rara sinon chega ser polo tabaco, vendido libremente e onde o estado coloca impostos... legalización da marijunao - LEGA-LEGA-LEGALIZACION

4 Cu Chulainn

Coa folla do "olcálitro" faise un poderoso bebercio, moito mellor que o "güiski" e ademais poncha dura como a pedra de seixo. Os que coñecen a fórmula son ricos e todo está rodeado dun gran secretismo porque funciona polo boca a boca.

3 Contaminación del agua

La verdad es que la naturaleza nos da lo que necesitamos, no hay más. La mejor medicina es la que nos regala la naturaleza misma. Debemos aprovecharla. https://cumbrepuebloscop20.org/medi...

2 José

Para qué van querer as biotecnolóxicas e farmacéuticas competir polo espazo de monte coas celulosas se poden arranxar o seu negócio simplemente mercándolle a Ence as follas das árvores unha vez cortadas?

1 Alb

Eu recordo que na vella serie "El Valle Secreto", se financiaban destilando follas de eucalipto; concretamente o chamaban "aceite de eucalipto" e o certo e que alí os veciños facían cola por compralo.