Case 600 persoas conformarán o dispositivo especial do Concello da Coruña con motivo do San Xoán

Prevese manter ou superar a cifra de participación, cunhas 100.000 persoas

A CORUÑA | 22/06/2018 | Actualizada ás 20:45 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

Case 600 persoas conformarán o dispositivo especial do Concello da Coruña con motivo da celebración da festa de San Xoán, no que se prevé manter ou superar a cifra de participación do ano pasado, que se situou nunhas 100.000 persoas.

En rolda de prensa, xunto aos concelleiros de Medio Ambiente e Culturas e a edil con competencias na área de Seguridade Cidadá, o alcalde herculino, Xulio Ferreiro, fixo un chamamento a todos os veciños e asistentes á festa para lograr un San Xoán "sustentable".

Para iso, instou a reducir a xeración de residuos, mentres que lembrou as iniciativas postas en marcha polo Consistorio como 'Praias Vivas' para lograr zonas de "residuos cero" e nas que haberá educadores ambientais informando os asistentes.

Ademais, pediu á cidadanía que non se usen "palets" polo perigo que levan. Mentres que a concelleira de Medio Ambiente, María García, sinalou que a Policía Local ten orde de ser "inflexible" para aqueles que non cumpran as normas respecto da distancia das fogueiras en relación co arboledo.

Este ano, segundo os datos achegados polo alcalde, serán 281 as persoas que conformarán o dispositivo de seguridade, ás que se sumarán 93 dedicadas á atención sanitaria. Ademais, haberá 130 no dispositivo de limpeza que comezará o día 24 a partir do seis da mañá. A eles, sumaranse tamén os educadores ambientais para reducir os residuos.

PECHE DA PRAIA AO BAÑO

"Pedimos aos que veñan colaboración e que sigan os consellos de seguridade", manifestou tamén o rexedor apelando á precuación. Respecto diso, lembrou que a partir das 22,00 horas do día 23 prohibirase o baño até o nove da mañá do día 24.

En canto ao número de solicitudes para realizar unha fogueira, a concelleira responsable de área de Seguridade Cidadá, Rocío Fraga, explicou que se pasou de 278 ás 877 que había presentadas até o día de onte. "Iso é porque a xente se conciencia máis de que ten que comunicalo", dixo o alcalde.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta