Tras 23 detencións, segue aberta a investigación contra o tráfico de drogas na Coruña

A Policía Nacional mantén aberta a investigación contra o tráfico de drogas na Coruña, que se desenvolveu durante a xornada do xoves na zona da rúa Orillamar, e xa leva 23 detidos, segundo informaron fontes policiais.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 22/06/2018 | Actualizada ás 12:42

Comparte esta noticia

A Policía Nacional mantén aberta a investigación contra o tráfico de drogas na Coruña, que xa leva 23 detidos.  Os detidos, debido a xestións previas, non pasarán a disposición xudicial até este sábado. Está decretado o segredo de sumario.

Despregamento policial por operativo antodroga na Coruña.
Despregamento policial por operativo antodroga na Coruña. | Fonte: Europa Press

A investigación continúa aberta, así que non se poden descartar máis detencións por mor das testemuñas que se vaian solicitando e a análise das probas recollidas durante o dispositivo desenvolvido durante este xoves.

O operativo comezou pasadas as cinco da mañá cun amplo despregamento policial, entre eles máis dunha trintena de efectivos e dunha decena de vehículos da Policía Nacional. Este venres na zona xa non hai efectivos policiais.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta