Temas: FARIñA

Levantado o secuestro sobre o libro 'Fariña'

A Audiencia Provincial de Madrid ditou un auto no que revoga a resolución do Xulgado de Instrución Número 7 de Collado Villalba de secuestrar o libro 'Fariña' como medida cautelar, ante a demanda presentada polo exalcalde do Grove Alfredo Bea Gondar.

Por E.P. | MADRID | 22/06/2018 | Actualizada ás 11:09

Comparte esta noticia

Na resolución a sala estima o recurso de apelación presentado polo autor do libro, Nacho Carretero, e a editorial Libros del K.O., polo que deixa "sen efecto" as medidas cautelares adoptadas, con "expresa imposición" á parte solicitante das costas procesuais causadas na primeira instancia, "sen realizar especialmente declaración respecto das devengadas nesta alzada".

Portada do libro Fariña, de Nacho Carretero
Portada do libro Fariña, de Nacho Carretero | Fonte: Europa Press

O auto foi ditado pola Sección Número 20 da Audiencia Provincial de Madrid, a raíz do recurso contra a medida cautelar ditada polo Xulgado de Collado Villalba, en febreiro de 2018, ante a demanda do exalcalde do Grove que reclamaba que se retirase o seu nome do libro e 500.000 euros por unha suposta vulneración do dereito á honra.

E é que o fiscal solicitou este xoves que se desestimase a demanda interposta, ao considerar que non se produciu ningún "ataque" ao dereito á honra por parte do xornalista e pediu que se deixe sen efecto a medida relativa ao secuestro da obra.

Temas: FARIñA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta