As tormentas causan unha trintena de incidencias na cidade de Ourense e arredores

As tormentas causaron unha trintena de incidentes na cidade de Ourense e nos seus arredores, pero sen causar danos persoais. A maior parte das intervencións dos servizos de emerxencias debéronse á inundación en rúas, bolsas de auga e algunha árbore caída.

OURENSE | 22/06/2018 | Actualizada ás 09:55 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

As tormentas causaron unha trintena de incidentes na cidade de Ourense e nos seus arredores, pero sen causar danos persoais. A maior parte das intervencións dos servizos de emerxencias debéronse á inundación en rúas, bolsas de auga e algunha árbore caída.

Segundo informou o 112, cara á medianoite, o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) recibiu chamadas dos veciños da cidade que informaron de diversos incidentes provocados pola acumulación de precipitacións nalgunhas zonas que, en moitos casos, impedíalles o acceso ás súas vivendas.

Isto sucedeu na Rúa Colón, Avenida de Zamora, Xoán de Novoa, Praza da Lexión, Alto do Cumial, Marcelo Macías, Avilés de Taramancos e tamén nas parroquias de Cudieiro, onde o caudal do río superou a ponte; en Seixalbo e na Rúa da Granxa en Montealegre.

Ademais, en Barbadás, unha persona sufriu unha avaría no seu vehículo ao atravesar por un túnel alagado diante da área comercial da localidade. A persona resultou ilesa e o coche puido ser retirado. Tamén se rexistraron na localidade inundacións na Rúa Bernabé e na Rúa Ponxos.

Do mesmo xeito, no municipio de San Cibrao das Viñas, as tormentas ocasionaron precipitacións intensas que chegaron a alagar algúns vehículos na Rúa 13 do Sector C e algún local comercial no lugar de Reboredo.

Este venres Ourense mantén o aviso de risco amarelo por tormentas, segundo informou a Axencia Estatal de Meteoroloxía. En concreto, o risco por tormentas afecta, ademais, a León, Zamora e Salamanca.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta