Begasa gaña 23 millóns en 2017, ano no que investiu 21 millóns en Galicia

Viesgo (empresa matriz) destinará 71,4 millóns a Lugo até 2021

Santiago de Compostela | 21/06/2018 | Actualizada ás 14:20 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

A distribuidora de enerxía eléctrica Begasa (Barras Eléctricas Galaico-Asturianas) obtivo un beneficio neto de 23 millóns de euros en 2017, ano no que investiu 21 millóns en Galicia, segundo informou este xoves.

Miguel Antoñanzas
Miguel Antoñanzas | Fonte: Europa Press

A compañía, participada nun 99,89% por Viesgo, celebrou en Lugo a xunta xeral de accionistas, que aprobou o informe de resultados correspondente ao pasado exercicio e atribuíu as ganancias aos seus plans de eficiencia.

Ademais, conseguiu, segundo apunta, o "mellor valor histórico" no índice de calidade de subministración de Begasa, que se reduciu a 46 minutos, e tamén "récord" na seguridade dos seus traballadores, con case catro anos sen accidentes laborais.

Segundo sinalou o presidente de Begasa e da súa empresa matriz Viesgo, Miguel Antoñanzas, "realizouse un constante esforzo investidor para mellorar a subministración eléctrica na zona, destinando a este obxectivo máis de 184 millóns de euros no últimos dez anos".

En concreto, a empresa sinala que en 2017 a compañía destinou 21 millóns de euros ao desenvolvemento e mantemento da súa rede de alta, media e baixa tensión, así como a proxectos de IT e innovación.

Respecto de mellora de infraestruturas, indica que nos últimos 20 anos duplicáronse as subestacións de 132 kV que fornecen enerxía eléctrica aos clientes de Begasa, pasando de ter cinco a once. "Realizouse unha profunda transformación da rede de distribución de enerxía eléctrica na zona co obxectivo de incrementar a súa solidez", subliña.

Isto redundou, segundo reivindica, "nunha mellora continua da calidade de subministración, cuxos índices foron extraordinarios en 2017". Desta forma, o pasado ano conseguiuse en Begasa un tempo "marca" de TIEPI (tempo de interrupción da subministración eléctrica), cun dato de 46 minutos, que supón unha mellora do 40% respecto ao de 2016.

AVARÍAS E RECLAMACIÓNS

Ademais, engade que o 65% da potencia interrompida en incidentes imprevistos recupérase mediante telemando en "moi curto prazo". De acordo coas súas cifras, o 65% das avarías soluciónase nun tempo menor de tres minutos, "xa que se detectan de forma rápida e dáse servizo por liñas alternativas".

En 2017 as reclamacións reducíronse en Begasa máis da metade respecto de 2013 e un 12% respecto de 2016. Asegura que "os clientes se mostran cada ano máis satisfeitos coas distintas canles de atención da compañía, que inclúen todas as xestións realizadas".

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta