As vendas do sector servizos soben un 8,4% en abril en Galicia e acumulan máis de catro anos á alza

As vendas do sector servizos subiron un 8,4% en abril en Galicia en comparación co mesmo mes de 2017, segundo os datos que publica este xoves o Instituto Nacional de Estatística (INE).

SANTIAGO DE COMPOSTELA | 21/06/2018 | Actualizada ás 11:50 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

As vendas do sector servizos subiron un 8,4% en abril en Galicia en comparación co mesmo mes de 2017, segundo os datos que publica este xoves o Instituto Nacional de Estatística (INE).

Este avance galego está máis dun punto por riba da subida española (+7,4%). Supón o sétimo ascenso entre comunidades, que lidera Aragón (+11%).

Deste xeito, a facturación do sector servizos acumula un total de 50 meses de incrementos interanuais, aínda que en España ese aumento encadeado é maior, de 56 meses.

Na media do que vai de ano --entre xaneiro e abril--, hai un progreso do 4,4% na cifra de negocios do sector galego, menos que a escalada do 6,1% en España.

No tocante á ocupación do sector servizos, en Galicia prodúcese unha elevación do 2,1%, similar ao 2,2% do conxunto do Estado. No que vai de ano, é un 2% na Comunidade.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta