A facturación da industria galega rexistra en abril o seu maior aumento na serie histórica

A entrada de pedidos na Comunidade é a sexta subida máis acusada desde que hai datos

SANTIAGO DE COMPOSTELA | 21/06/2018 | Actualizada ás 11:20 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

A cifra de negocios da industria galega disparouse un 21,7% en abril fronte ao mesmo mes de 2017, o que supón o maior aumento na serie histórica (desde 2002), segundo os datos publicados este xoves polo Instituto Nacional de Estatística (INE).

Factoría de Citroën en Vigo
Factoría de Citroën en Vigo | Fonte: Europa Press

Deste xeito, a facturación da industria galega ten o segundo maior aumento interanual entre comunidades, só superada por Asturias (22%).

O avance galego supón máis de seis puntos por riba da media de avance en España (+15,5%), que se trata, pola súa banda, do maior alza nunha década.

A facturación galega volve ademais a terreo positivo, despois da caída do 1,1% do mes de marzo. Pola súa banda, de media do que vai de ano --entre xaneiro e abril--, a cifra de negocios sobe un 9,2% en Galicia, máis que a media estatal (+5,7%).

ALZA DA ENTRADA DE PEDIDOS

No tocante á entrada de pedidos, hai unha subida do 18,3% en Galicia, a terceira maior entre autonomías, só por detrás de Estremadura (+18,8%) e Asturias (+21,9%).

Neste caso, é a sexta maior subida interanual na entrada de pedidos da industria galega na serie histórica (tamén con datos do INE desde 2002).

Tamén aquí volve a cifras positivas en abril, após o descenso interanual do 2,5% de marzo. Na media do que vai de ano, sobe un 4,3% en Galicia, menos que a media (+5,5%).

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta