Temas: BNG CRTVG

O BNG pide a reprobación do director xeral da CRTVG ante as reiteradas denuncias por manipulación informativa

A deputada Olalla Rodil cualifica de “moi grave” que dous xornalistas do Telexornal dimitan por "discrepancias coa liña informativa" imposta pola dirección e exixe a creación do Consello de informativos.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 20/06/2018 | Actualizada ás 19:00

Comparte esta noticia

A deputada do BNG, Olalla Rodil defenderá na Cámara galega unha proposición non de lei para que o Parlamento “acorde por resolución a reprobación do director xeral da CRTVG [Alfonso Sánchez Izquierdo] pola continua manipulación informativa e vulneración dos principios de pluralidade, veracidade, independencia e obxectividade dos contidos informativos que deben rexer nos medios audiovisuais públicos de Galiza.”

Alfonso Sánchez Izquierdo, director xeral da CRTVG.
Alfonso Sánchez Izquierdo, director xeral da CRTVG.

A parlamentaria e portavoz do BNG na comisión de control da CRTVG lembra que o 19 de xuño presentaban a súa dimisión dous xornalistas da TVG —Alfonso Hermida e Tati Moyano— como mostra do seu desacordo coa liña informativa e por razóns profesionais.

Desde o cadro de persoal da Corporación e organizacións sindicais que representan a todos os traballadores da CRTVG, levan anos demandado  a aprobación do Estatuto profesional (artigo 36) e a creación do Consello de informativos previsto na Lei 9/2011 de medios audiovisuais públicos de Galiza.

O BNG subliña que o Consello de informativos debe ser, como recolle a propia lexislación, un “órgano interno de participación dos profesionais da información da CRTVG co fin de velar pola independencia, pola veracidade e  obxectividade dos contidos informativos difundidos por todas as súas canles”.

O Bloque tamén recorda que nos últimos anos se sucederon as denuncias por “manipulación informativa, pola falta de pluralismo social, político e ideolóxico e polos incumprimentos reiterados da propia Lei de medios audiovisuais públicos así como pola “deriva”, especialmente da televisión, que “non cumpre coas funcións que lle corresponden como difusora e promotora da cultura galega ou a súa contribución ao proceso de normalización da lingua galega, entre outras obrigas”.

A parlamentaria do BNG agarda acadar o apoio de todas as forzas políticas para reprobar as actuacións do director xeral da CRTVG, Alfonso Sánchez Izquierdo, quel lembra a deputada, "nos últimos tempos leva recollidas un gran número de denuncias, ás que agora se suma a dimisión de dous xornalistas pola manipulación informativa imposta pola dirección”.

Temas: BNG CRTVG
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Toño

Qué fai ese home ahí que non se xubila? Asómbrame que o BNG pida reprobación do director xeral, pero non pide a aplicación da lei da CRTVG aprobada no 2011. Hai que ter un mínimo de coherencia.