Aníbal Malvar: "Os xornalistas temos que volvernos extremamente agresivos"

O autor e xornalista coruñés que vive en Madrid, ten detrás del unha traxectoria. Di que é el quen escolle onde escribe e non ao revés. Para el as redes sociais non son a policía senón que nós cando as usamos nos volvemos policías. Que en definitiva, el non cambiou moito.

Por Galicia Confidencial | Santiago | 15/06/2018 | Actualizada ás 22:00

Comparte esta noticia

A entrada que che puxeron na Wikipedia di que ti es un xornalista polémico. Que definición lle darías ti a semellante etiqueta? Porque nas facultades non nos aprenden ningunha.

Aníbal Malvar
Aníbal Malvar | Fonte: Ms Kuvelik

A Wikipedia é un medio perverso. Tamén había outra entrada en castelán abondo ampla sobre a miña obra, e foi curioso, porque logo dos artigos que fixera en Público sobre Casa Real, comezaron a chegar mensaxes que mesmo eu falei con Wikipedia.  Porque, a ver, se es un xornalista que pides entrevistar a alguén que non te coñece e vas tratar un tema que sexa delicado, pois sudece que cando se van informar, toman a Wikipedia como un lugar da información libre. Non é certo. Mesmo che podería dicir que o meu editor, Ramón Akal, tena cortada na editorial, porque non quere que se use para nada, non só polo seu lado ideolóxico, senón polo escaso rigor que teñen os seus artigos. Por exemplo, o artigo sobre Felipe VI e Letizia, sobre a súa voda, no que realmente parece un artigo de ABC. Dicindo que o pobo español se botou á rúa emocionado, cando esquecen que o máis importante foi a detención de persoas que se manifestaban pola República.

A polémica búscase ou aparece segundo a túa experiencia?
A polémica xamais se busca. Cando me chaman xornalista polémico sinto como un piropo, o meu traballo é ser polémico, o meu traballo é cuestionar. O problema é cando as palabras se transforman non pola pervesión do mensaxeiro, que é o que nos está pasando con estes grandes grupos de comunicación e fenómenos como Wikipedia. Por exemplo, a palabra populismo, agora tan de moda, esta palabra pode ter mesmo unha interpretación positiva. Pero é usada de forma xenérica, e no sentido pexorativo creo que non se  pode utilizar con máis razón que co PP, que ten unha serie de promesas electorais que incumpre sistematicamente. E que incumpre a lei e xa non falemos da corrupción e a falta de investimento contra a violencia machista.

"A polémica xamais se busca"

A polémica trascende hoxe en día máis rápido que noutros momentos da historia?
Non che estou moi seguro. Realmente o que sucede é que hai moitísimas máis polémicas. Antes as nosas canles de información eran moi reducidas. Agora tivemos un ministro que non durou nin unha semana. Estas cousas eran impensables hai anos. Hoxe en día as nosas capacidades de investigación foron multiplicadas por mil. Cando eu comezara en prensa tiñamos que baixar ás nosas hemerotecas para consultar xornais e buscar entre cen mil xornais dun medio que tiña cen anos. Agora podemos rastrexar máis rápido que antes, por tanto a  polémica está servida. A min gústame alimentarme de polémica, mantenme delgado e en forma.

Internet e as redes sociais serían hoxe a policía do pensamento?
Non, seguramente todo o contrario. Fíxate que as redes sociais e a Internet están sendo usadas para acusar aos seus usuarios. Nunha sociedade da información, e mesmo antes, un xornalista case pode exercer como policía dun xeito máis ou menos honesto e mesmo perverso. Non diría que as redes en si son a policía do sistema. Pero moita xente se sente obrigada, tendo esa ferramenta, a ser policía, cousa que é moi perversa. Hai estudos antropolóxicos sobre o comportamento das sociedades cando as desprazas en grupos pequenos cara lugares illados e o primeiro poder que se establece nesa comunidade illada é o do policía. Que hai unha persoa que decide que se fai ben ou mal cada unha das persoas. Calquera cousa que inventes por moi fermosa que sexa, será utilizada de maneira perversa por moita xente.

"Agora podemos rastrexar máis rápido que antes, por tanto a polémica está servida"

Como pode manterse un equilibrio entre liña editorial e pensamento propio?

Poder pódese, depende dos medios. Traballei en medios conservadores e finalmente tiven algunha manipulación pero finalmente marchei do xornal, a causa dixo. Pero normalmente a causa é que o xornalista como ten a dependencia económica do medio, ás veces tende a modelar a súa propia ideoloxía para que non disguste moito nas alturas editoriais das nosas cabeceiras. Eu notábao con Pedro J. Ramírez en El Mundo, era unha persoa coa que podías discutir a pesar das mitoloxías. E coa xente do alto staff de El Mundo podías discutir. Se había honestidade na túa información gañabas sempre, pero os mandos intermedios eran os que paraban as cousas sempre. Eran, como dicía eu, máis pedrojotistas que Pedro J. En El País tamén sucede, o que pasa é que ata o de agora houbo moitos grandes xornalistas que se fixeron cebrianistas traizoando os seus principios por un salario.

Que puntos distinguen a Aníbal Malvar de El Mundo do que lemos hoxe en Público?
Sigo sendo a mesma persoa, o que pasa é que a situación é moito máis dramática. É dicir, o xornalista ten que adaptarse, ten que ser poeta, e ás veces ten que ser soldado. O xornalista é un pouco Garcilaso, un pouco máis feo e peor poeta pero segue sendo iso, un home de pluma e espada. Ten en conta que agora estamos vivindo en España unha situación política, social e mesmo xudicial extremamente agresiva, por iso os xornalistas nos temos que volver extramadamente agresivos. A min non me elixe Público, eu elixo Público, como podo citar outros medios marabillosos. Houbo cabeceiras que traizoaron terriblemente aos lectores e xamais poderán contar con xornalistas coma nós. E coma nós quere dicir que ao mellor estamos confundidos, pero actuamos con honestidade.

"Houbo cabeceiras que traizoaron terriblemente aos lectores"

O articulismo de opinión deforma a toma de posición do público lector?
Sen dúbida. Temos un defecto, universal, de tender a facer equipos de xente moi achegada ás nosas opinións. É dicir, eu quero un xornal de esquerda, pero boto de menos dentro dunha perspectiva razonable, que os lectores nos marcaran a liña editorial. Certamente aborrezo cando leo os xornais porque todos os artigos de opinión son monocolor. É un déficit que debemos solventar incorporando a xentes conservadoras, dígoo así, para facer autocuestión das cousas que estou lendo.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 4 comentarios

3 Ás veces non

Iso non xustifica isto. http://blogs.publico.es/rosa-espina...

2 M. Monge

E para cando unha entrevista con Fernando Onega? Xa que estades con 'gallegos' que triunfan na corte por vendidos, non esquezades o figura modelo!

1 As verdades claras

Que eu saiba Onega nunca fixo demagoxia a conta da lingua galega. Aínda hai categorías. Prefiro un Onega mil veces a un Malvar

1 zkyh

Algúns non nos esquecemos disto. Pero agora irá de guai. http://www.elmundo.es/elmundo/2007/...