A elite mundial do fútbol base, en Vilagarcía

Equipos procedentes de tres continentes comezan este venres o campionato de fútbol alevín na vila arousán. A 23ª edición do Arousa Fútbol 7 xogarase durante a fin de semana os mellores conxuntos disputarán o título por ser o mellor combinado da súa categoría.

Por Galicia Confidencial | Vilagarcía | 14/06/2018 | Actualizada ás 10:13

Comparte esta noticia

O fútbol alevín ou base ten unha cita en Vilagarcía de Arousa esta fin de semana co Arousa Fútbol 7. Os días 15, 16 e 17 equipos desta categoría enfrontaranse para coñecer o estado das súas formacións e ver se o campión do ano pasado, o Ajax, volve revalidar o título.

Campionato AF7 Vilagarcía
Campionato AF7 Vilagarcía | Fonte: Arousa Fútbol 7

A expectación está garantida coa presenza de vinte equipos procedentes de diversos lugares do mundo. Cada un deles coa esperanza posta en colocarse entre os mellores a nivel mundial. Será o venres ás 10:00 da mañá cando comecen os encontros. Os equipos asistentes están divididos en catro grupos A, B, C e D. Así irán disputando senllas eliminatorias ata chegar á final cos dous combinados máis poderosos. 

Os diferentes partidos iranse xogando segundo un calendario previamente marcado pola organización, que rematará o domingo 17 cos encontros tanto de consolación como semifinais e a final. 

Os trescentos xogadores chegados de diversas partes do mundo, poderán mostrar as súas habilidades co balón, pero tamén participarán en actividades paralelas programadas para entreter a estes xogadores tan novos. Entre as procedencias das diferentes escuadras están  o Kashiwa Reysol e a AF Angola, que repiten experiencia e representarán con orgullo o fútbol asiático e africano respectivamente.

Este campionato garda unha grande importancia pois estamos a falar das canteiras de equipos das grandes ligas de canda seu continente. Así, a maioría dos encontros serán retransmitidos por televisión incluíndo a fase final. 

Para poder consultar os prezos das entradas, así como horarios e outros temas de interese relativos ao Arousa Fútbol 7, só hai que ir á web do evento arousafutbol7.com. Neste sitio toda a información está ao dispor do público en xeral. 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 GilbertCampana

En http://www.spnfutbol.es/ también puedes ver todas las camisetas del equipo de la Copa Mundial 2018. Por supuesto que te gusta!